Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Formación e emprego

Axudas económicas a estudantes universitarios para estadías nalgún estado membro da Unión Europea

7 de marzo de 2013

AXUDAS ECONÓMICAS A ESTUDANTES UNIVERSITARIOS PARA ESTADÍAS NALGÚN ESTADO MEMBRO DA UNIÓN EUROPEA, DURANTE O VERÁN DE 2013.

ORDE do 20 de febreiro de 2013 pola se aproban as bases e se procede á convocatoria de axudas a estudantes universitarios para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea, durante o verán de 2013, co obxecto de coñecer a lingua dese país da  Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (DOG. Núm. 46, 6 de marzo de 2013).

 

Obxecto

113 axudas para estadías nalgún país da Unión Europea durante o verán 2013 para coñecer a lingua dese país, dirixida ó alumnado das tres universidades Galegas ou da UNED para o curso 2012-2013.

Período da estadía

Entre o 1 de xuño e o 30 de setembro de 2013.

 

Dotación económica por beneficiario.

1.100 euros

Requisitos

 

– Estar matriculados/as no curso 2012-2013, como mínimo de 50 créditos.

– Ter superado 60 créditos no momento da presentación da solicitude en titulacións  de 1º ciclo  ou 120 créditos en titulacións de grao e de 1º e 2º ciclo.

– Ter unha puntuación media no seu expediente académico igual ou superior aos 7,00 puntos, para alumnos das ramas de coñecemento de Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas, Ciencias e Ciencias da Saúde; e 6,00 puntos, para alumnos da rama de Enxeñaría e Arquitectura.

– O curso de idiomas debe ter unha duración mínima de tres semanas, cun mínimo de 15 horas lectivas semanais.

– Non poderán participar os  beneficiarios desta axuda en anteriores convocatorias e aqueles  alumnos/as que durante o curso 2012/13 sexan adxudicatarios dunha bolsa do programa comunitario de mobilidade Erasmus, sempre e cando a estadía que pretendan realizar sexa para perfeccionar a lingua oficial do país en que se está a desenvolver o dito programa.

Forma e Prazo máximo de presentación de solicitude:

6 de abril de 2013. O formulario da solicitude, correspondente co modelo normalizado ED416A que se publica como anexo I a esta orde, e a declaración responsable necesaria que se publica como anexo II estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia http://sede.xunta.es para a súa presentación electrónica completa. Para a presentación na sede electrónica deste formulario e da declaración responsable admitirase o DNI electrónico, ou calquera outro sistema de sinatura electrónica aceptado pola sede, da persoa solicitante ou representante legal. No suposto de que a persoa solicitante non dispoña do sistema de sinatura aceptado pola sede electrónica, admítese igualmente a presentación da solicitude e da declaración responsable en formato papel, unha vez cubertos en todos os seus campos os formularios en formato PDF dispoñibles na sede, sen engadir novos datos, emendar, variar ou riscar o seu formato orixinal; presentándoos, asinados, no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, dirixidos á Secretaría Xeral de Universidades (Edificio Administrativo San Caetano s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Documentación que hai que presentar

 

– A solicitude (anexo I, modelo normalizado ED416A) e a declaración responsable (anexo II) presentaranse na sede electrónica da Xunta de Galicia xunto coa seguinte documentación:

a) Copia dixitalizada da certificación académica completa emitida pola universidade correspondente.

b) Programa do curso de idiomas para o cal se solicita a axuda, no cal deberán figurar o centro e lugar de destino, o período de duración, as datas de realización do curso e o número de horas lectivas semanais.

 

MÁIS INFORMACIÓN ENLACE:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130306/AnuncioG0164-260213-0001_gl.html

Compartir
WhatsApp Facebook Correo