As entradas para a obra ‘Invisibles’ de Redrum Teatro deberanse retirar na Casa do Concello ata o venres 29

O Ciclo de Teatro de Outono do Concello de Boqueixón continuará este domingo 1 de decembro coa posta en escena da obra Invisibles. Este espectáculo sobre violencia de xénero será representado por Redrum Teatro e dará comezo ás 17.30 horas.

As entradas son de balde, previa retirada na Casa do Concello. As persoas interesadas en asistir a esta sesión deberán achegarse a recollelas ás oficinas municipais antes deste venres 29 de novembro.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025