Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Cultura

A actuación de Dani Polo: o sábado 11 de xaneiro na Casa de Cultura do Camporrapado

8 de xaneiro de 2020

A actuación de maxia de Dani Polo, enmarcada no programa de Nadal, terá lugar o vindeiro sábado 11 de xaneiro ás 18:00 horas na Casa da Cultura de Camporrapado. No seu momento, o espectáculo tivo que pospoñerse polas adversas condicións meteorolóxicas.

Dani Polo é un ilusionista galego, concretamente de Melide, que se formou en Lugo e que nestes anos  ten conquistado numerosos premios nacionais e internacionais, como por exemplo o premio Ali Bongo a mago revelación 2018 no congreso Máxico Nacional de Francia (FFAP).

Polo que a nosa recomendación é que non perdas a oportunidade de desfrutar do seu espectáculo. O sábado 11 todos en Boqueixón temos unha cita coa maxia.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo