Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Bandos e avisos

Bando sobre as medidas que adoptará o Concello de Boqueixón ante o elevado número de contaxios por Covid-19 que se están a dar no municipio

22 de xaneiro de 2021

bando covid 2021 boqueixon

O Concello de Boqueixón vén de publicar un bando da Alcaldía no que informa sobre as medidas que se tomarán dende as 00.00 horas do sábado 23 de xaneiro 2021 ante o elevado número de contaxios por Covid-19 que se están a dar no municipio, co risco que esto supón para a saúde das personas. Así, adoptaranse as seguintes medidas:

  • Suspender todas as actividades de carácter educativo, cultural, deportivo e lúdico (excepto as de conciliación), así como as reunións en todos os locais municipais.
  • A atención presencial nas oficinas municipais realizarase exclusivamente con CITA PREVIA. Prégase a toda a veciñanza que, na medida do posible, empregue os medios telemáticos ou telefónicos para realizar trámites co Concello.
  • O Concello de Boqueixón habilita un número de teléfono para aquelas persoas que vivan soas ou que teñan que gardar corentena por mor da Covid-19, e precisen axuda para realizar actividades esenciais (ir á compra, á farmacia…).
  • Apélase á responsabilidade da veciñanza á hora de tomar as medidas oportunas para velar pola saúde pública segundo as indicacións das autoridades sanitarias.

TELÉFONO DE INFORMACIÓN EN CASOS LEES: 900 400 116

TELÉFONO PARA EMERXENCIAS E CASOS GRAVES: 061

TELÉFONO DE CITA PREVIA NO CONCELLO: 981 513 061

TELÉFONO PARA MAIORES E PERSOAS EN CORENTENA: 981 513 106

Compartir
WhatsApp Facebook Correo