Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Cultura

O Concello de Boqueixón conmemora o Entroido de Sergude coa representación dun atranque

14 de febreiro de 2021

VideoEntroidoSergudeBoqueixonConscientes de que a situación sanitaria actual non permite a celebración do Entroido de Sergude, dende o Concello de Boqueixón quíxose conmemorar esta xornada coa representación dun atranque. Protagonizado por Ludi Balado, no papel de vella, e de Anxo Otero, no de Xeneral, este breve audiovisual busca contribuír a manter viva unha tradición que chegou ata a actualidade grazas á implicación da veciñanza.

Do mesmo xeito, o vídeo realiza un breve repaso por anteriores edicións do Entroido de Sergude. Ao tempo,  serve como homenaxe simbólica ao Xeneral Patillas, finado en outubro de 2020.

Para a elaboración desta peza audiovisual contouse coa colaboración da Asociación do Cabalo Galego e do seu presidente, Xacobe Pérez, que facilitou o espazo e o cabalo Budiño para a gravación. Tamén se incorporaron as imaxes de anteriores edicións, que foron facilitadas por VideoXian.

O vídeo pódese visionar na canle de YouTube do Concello de Boqueixón ou premendo nesta ligazón.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo