Ir al contenido

Concello de Boqueixón

Main Menu
  • O CONCELLO
    • ALCALDÍA
    • ÁREAS MUNICIPAIS
    • XUNTA DE GOBERNO
    • ACTAS XUNTA DE GOBERNO
    • DECRETOS
    • ORDENANZAS
    • O PLENO – CORPORACIÓN
    • O PLENO – ACTAS
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • ARQUIVO
    • BIBLIOTECA
    • CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER (CIM)
    • CULTURA
    • DEPORTES
    • FORMACIÓN, EMPREGO E TURISMO
    • OBRAS E SERVIZOS
    • SERVIZOS XERAIS
    • SERVIZOS SOCIAIS
    • URBANISMO
    • XUVENTUDE (OMIX)
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • DESCRICIÓN XEOGRÁFICA
    • DIRECTORIO
    • ESTADÍSTICAS
    • FESTIVIDADES
    • HISTORIA
    • RUEIRO DE LESTEDO
    • PARROQUIAS
    • PERSOEIROS
    • TOPONIMIA
  • TURISMO
    • ALOXAMENTO
    • AREAS NATURAIS E RUTAS
    • FESTAS E FEIRAS
    • FOLLETO TURÍSTICO
    • GALERÍAS
    • GASTRONOMÍA
    • O PICO SACRO
  • BUSCAR
  • CORREO
  • CONTACTA CON NOS
Main Menu
  • O CONCELLO
    • GOBERNO
      • Actas Xunta de Goberno
      • Alcaldía
      • Áreas Municipais
      • Decretos
      • Ordenanzas
      • Xunta de Goberno
    • O PLENO
      • Actas
      • Corporación
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • Servizos Xerais
    • Obras e Servizos
    • Urbanismo
    • Deportes
    • Xuventude (OMIX)
    • Formación, Emprego e Turismo
    • Cultura
    • Servizos Sociais
    • Centro de Información á Muller (CIM)
    • Biblioteca
    • Arquivo
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • Estadísticas
    • Descrición Xeográfica
    • Directorio
    • Festividades
    • Historia
    • Parroquias
    • Persoeiros
    • Rueiro de Lestedo
    • Toponimia
  • TURISMO
    • Aloxamento
    • Áreas Naturais e Rutas
    • Festas e Feiras
    • Folleto Turístico
    • Galerías
    • Gastronomía
    • O Pico Sacro
  • SEDE ELECTRÓNICA
  • TABOLEIRO DE ANUNCIOS
  • PORTAL DA TRANSPARENCIA

Concello de Boqueixón

Contacta con nós
Correo concello
  • Categoría (s): Boqueixon, CULTURA
  • Publicada o 23 febrero 2021

O Concello de Boqueixón convoca o VII Certame de Relatos ‘Xosé Neira Vilas’

CertameRelatoNeiraVilasBoqueixon

O Concello de Boqueixón, en colaboración coa Fundación Xosé Neira Vilas e o CPIP Antonio Orza Couto, vén de convocar o VII Certame de Relatos ‘Xosé Neira Vilas’. O obxectivo desta iniciativa é potenciar a lectura e a creatividade literaria entre escolares, ademais de fomentar valores como a liberdade, o respecto e a tolerancia.

O concurso está dirixido a alumnos e alumnas de Boqueixón e dos centros educativos do municipio dende 3º de Primaria e para toda Secundaria. A admisión de traballos finalizará o vindeiro 16 de abril e deberanse entregar nas instalacións da biblioteca municipal ou no CPIP Antonio Orza Couto.

Establécense tres categorías: escolares de 3º e 4º de Educación Primaria; alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria, e estudantes de Educación Secundaria. Para participar neste certame, os relatos deberán ter unha extensión mínima de 40 liñas para os/as participantes da primeira e segunda categorías e de 60 liñas no caso da terceira.

Dacordo coas bases deste certame, cada participante poderá presentar un único traballo, de temática libre. Os traballos serán propios e inéditos, escritos a ordenador. O texto escribirase integramente en galego e debe conter unha historia orixinal –real ou ficticia- podendo incluír ilustracións.

Para garantir o anonimato, o relato irá identificado coa categoría á que opta e un pseudónimo (nunca o nome real). A ficha de participación cos datos correspondentes irá nun sobre pechado que estará grampado ao texto.

Premios

Os premios do VII Certame de Relatos Xosé Neira Vilas entregaranse nun acto celebrado con motivo da conmemoración do Día das Letras Galegas 2021. Establécense tres premios por cada unha das categorías:

  • 1º Premio: diploma, un vale de 125 € en material escolar e o libro editado do certame
  • 2º Premio: diploma, un vale de 100 € en material escolar e o libro editado do certame
  • 3º Premio: diploma, un vale de 75 € en material escolar e o libro editado do certame

O xurado que valorará os traballos estará composto por un/unha representante do Concello designado/a polo alcalde; unha persoa en representación do CPIP Antonio Orza Couto; outro/a representante da Fundación Neira Vilas e unha persoa do ámbito cultural municipal. O fallo será inapelable e farase público a través da web municipal, ademais de comunicarse de xeito persoal a cada galardoado/a.

Dende o Concello de Boqueixón animan á mocidade a participar nesta sétima edición do Certame de Relatos Xosé Neira Vilas. O pasado ano non se puido celebrar por mor da situación de alerta sanitaria.

O modelo de participación no certame pódese descargar no arquivo anexo ou premendo aquí.

Adxuntos

  • VII Certame Neira Vilas (852 kB)
  • ficha_certame (297 kB)

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025

2025 Concello de Boqueixón

@lmco 2025

981 513061 | Forte, s/n 15881Boqueixón

  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
Facebook-f
Concello de Boqueixón
Aviso legal
Utilizamos cookies para optimizar o noso sitio web e o noso servicio.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
0
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}