Ir al contenido

Concello de Boqueixón

Main Menu
  • O CONCELLO
    • ALCALDÍA
    • ÁREAS MUNICIPAIS
    • XUNTA DE GOBERNO
    • ACTAS XUNTA DE GOBERNO
    • DECRETOS
    • ORDENANZAS
    • O PLENO – CORPORACIÓN
    • O PLENO – ACTAS
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • ARQUIVO
    • BIBLIOTECA
    • CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER (CIM)
    • CULTURA
    • DEPORTES
    • FORMACIÓN, EMPREGO E TURISMO
    • OBRAS E SERVIZOS
    • SERVIZOS XERAIS
    • SERVIZOS SOCIAIS
    • URBANISMO
    • XUVENTUDE (OMIX)
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • DESCRICIÓN XEOGRÁFICA
    • DIRECTORIO
    • ESTADÍSTICAS
    • FESTIVIDADES
    • HISTORIA
    • RUEIRO DE LESTEDO
    • PARROQUIAS
    • PERSOEIROS
    • TOPONIMIA
  • TURISMO
    • ALOXAMENTO
    • AREAS NATURAIS E RUTAS
    • FESTAS E FEIRAS
    • FOLLETO TURÍSTICO
    • GALERÍAS
    • GASTRONOMÍA
    • O PICO SACRO
  • BUSCAR
  • CORREO
  • CONTACTA CON NOS
Main Menu
  • O CONCELLO
    • GOBERNO
      • Actas Xunta de Goberno
      • Alcaldía
      • Áreas Municipais
      • Decretos
      • Ordenanzas
      • Xunta de Goberno
    • O PLENO
      • Actas
      • Corporación
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • Servizos Xerais
    • Obras e Servizos
    • Urbanismo
    • Deportes
    • Xuventude (OMIX)
    • Formación, Emprego e Turismo
    • Cultura
    • Servizos Sociais
    • Centro de Información á Muller (CIM)
    • Biblioteca
    • Arquivo
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • Estadísticas
    • Descrición Xeográfica
    • Directorio
    • Festividades
    • Historia
    • Parroquias
    • Persoeiros
    • Rueiro de Lestedo
    • Toponimia
  • TURISMO
    • Aloxamento
    • Áreas Naturais e Rutas
    • Festas e Feiras
    • Folleto Turístico
    • Galerías
    • Gastronomía
    • O Pico Sacro
  • SEDE ELECTRÓNICA
  • TABOLEIRO DE ANUNCIOS
  • PORTAL DA TRANSPARENCIA

Concello de Boqueixón

Contacta con nós
Correo concello
  • Categoría (s): Boqueixon, OMIX, SERVICIOS SOCIAIS
  • Publicada o 7 mayo 2021

Bases Verán Activo 2021

CartelVeranActivoBoqueixon

O Concello de Boqueixón vén de publicar as bases Verán Activo 2021, que se detallarán nas seguintes liñas, aínda que tamén se poden consultar no arquivo anexo. O prazo de inscrición estará aberto entre os días 7 e 21 de maio. Para formalizar a devandita inscrición deberase remitir a ficha correspondente, dispoñible no documento anexo ou premendo aquí, xunto coa documentación requerida, ben por vía telemática a través da sede electrónica do Concello de Boqueixón (preferente) ou presencialmente por rexistro.

Bases Verán Activo 2021

Programa lúdico-educativo para facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral e ao mesmo tempo como alternativa de ocio dos/das  menores en períodos vacacionais de verán.

O desenvolvemento das actividades contará coa adopción das medidas hixiénico-sanitarias necesarias para cumprir a normativa vixente en materia de prevención da COVID-19.

Lugar

Instalacións municipais do Forte e CPI Antonio Orza Couto.

Datas

Dende o 22 de xuño ao 7 de setembro.

Horarios

De luns a venres  de 09:00 a 14:00 con ampliación horaria por maior necesidade de conciliación de 08:00 a 09:00 e de 14:00 a 15:00, nos meses de xullo e agosto.

+ Concilia:  ampliación horaria por necesidades de conciliación nos meses de xullo e agosto.

A ampliación horaria abarcará de 08:00 a 09:00,de 14:00 a 15:00 ou ambas.

O número máximo de grupos será de dous en ambos horarios.

Nº de prazas

23 ao 30 de xuño: 25

Mes de xullo: 60

Mes de agosto: 30

1 ao 7 de setembro:20

Destinatarios

Menores con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, escolarizados en infantil e primaria.

Criterios de admisión por orde de prioridades

1º  Pai, nai, titor, titora ou participantes empadroados/as en  Boqueixón (mínimo de 3 meses de antigüidade).

2º  Escolarizados/as nun centro educativo do concello.

3º  Pai, nai, titor, titora traballando no termo municipal.

4º  Participante desfrutando das vacacións no termo municipal.

5º   Nenos e nenas que non reúnan ningún dos anteriores requisitos.

Criterios de baremación

No caso de existir maior número de solicitudes que de prazas ofertadas

  • No caso de empate de puntuación realizarase o desempate por sorteo.
SITUACIÓN SOCIOLABORAL E FAMILIAR
–          Emerxencia social

–          Menores incluídos no programa de educación familiar

–          Familia con persoas con discapacidade a cargo

–          Familias con persoas dependentes a cargo

–          Unidade familiar  con ingresos mensuais inferiores ou iguais ao IPREM (564,90€)

–          Outra situación valorada tecnicamente polo Departamento de Servizos Sociais.

 

    5 puntos
Unidade  familiar con ingresos mensuais  inferiores ou iguais a 1,5 veces o IPREM (847,35€)    4 puntos
  Unidade  familiar con ingresos mensuais  inferiores ou iguais a 2,5 veces o IPREM  (1.412,25€)    3 puntos
Unidade  familiar con ingresos mensuais  inferiores ou iguais a  4 veces o IPREM  (2.259,6€)    2 puntos
  Unidade  familiar con ingresos mensuais   inferiores ou iguais a  6,5 veces o IPREM (3.671,85€)

 

    1 punto
Situación de familia numerosa. Xeral        1 punto
Especial  2 puntos

 

SITUACIÓN LABORAL OU OCUPACIONAL  
Familias biparentais:

1-     Cando  as dúas persoas proxenitoras ou titoras legais traballen no mercado laboral.

2-     Cando unha das persoas proxenitoras ou titoras legais traballe no mercado laboral.

 

3 puntos

1 punto

Familias  monoparentais:

1-     Cando  a persoa proxenitora ou titora legal traballe no mercado laboral.

2-     Cando a persoa proxenitora ou titora legal se atope en situación de desemprego.

 

 

5 puntos

2 puntos

Fogar  monoparental:

1-     Cando  a persoa proxenitora ou titora legal traballe no mercado laboral.

2-     Cando a persoa proxenitora ou titora legal se atope en situación de desemprego.

 

 

5 puntos

2 puntos

 

Prezos                                                                                           + Concilia prezo x hora

Quendas Custo
  Semana 30 €
Quincena 60 €
Mes 120 €
Días soltos 10€/día
Quendas Custo
  Semana 5 €
Quincena 10 €
Mes 20  €
Días soltos 2€ /día

 

Criterios de bonificacións

  • Estas bonificación aplicaranse ás familias empadroadas ou escolarizadas no Concello de Boqueixón, que non serán acumulables entre si.
Casos de emerxencia social ou outra situación valorada tecnicamente polo Dpto.de S.Sociais do Concello de Boqueixón. 100%
Unidades familiares con ingresos mensuais inferiores ou iguais ao IPREM. 100%
Unidades familiares con ingresos mensuais inferiores ou iguais a 1,5 veces o IPREM.

 

80%
Unidades familiares con ingresos mensuais inferiores ou iguais a 2,5 veces o IPREM.

 

70%
Unidades familiares con ingresos mensuais inferiores ou iguais a  4 veces o IPREM.

 

50%
Unidades familiares con ingresos mensuais inferiores ou iguais a  6,5 veces o IPREM.

 

35%
Unidades familiares con ingresos superiores a 6,5 veces o IPREM.

 

20%
Condición de familia numerosa xeral.

 

40%
Condición de familia numerosa especial.

 

50%

Pago

O pago poderá realizarse nun pago único ou fraccionado por mes. O importe correspondente será ingresado na conta do concello cunha antelación de 5 días antes do comezo da actividade, especificando en concepto, o  nome,  apelidos e  quenda na que participa.

Nº de conta: ABANCA ES68 2080 0320 2531 1000 0666

O xustificante de pago deberá enviarse ao e-mail  cim@boqueixon.gal . A non recepción do xustificante en prazo desestimará a solicitude.

Inscricións

Realizaranse do 7 ao 21 de maio, enviando  a ficha de solicitude e demais documentación por unha das seguintes vías:

  • Telemática, a través da sede electrónica do Concello de Boqueixón (preferente). Incluír documentación en solicitude xeral.
  • Presencialmente por rexistro.

Unha vez finalizado o prazo de inscricións, no caso de que quedar prazas vacantes, poderán ser cubertas por novas solicitudes  seguindo o rexistro de entrada.

Procedemento de confirmación de prazas

  • Listaxe provisional de admitidos/as: unha vez rematado o prazo de inscrición, publicarase na web municipal a lista provisional de admitidos/as e excluídos/as.
  • Prazo de reclamacións: unha vez publicada a listaxe disporase de 5 días naturais para presentar alegacións.
  • Listaxe definitiva de admitidos/as: publicarase transcorridos 3 días hábiles dende o remate do prazo de alegacións.

DOCUMENTACIÓN NECESARIA:

En todos os casos solicitud de inscrición.

1. ADMISIÓN

  • No caso de pai, nai, titor/a que traballe no termo municipal: fotocopia de encabezamento da última nómina, certificado de empresa ou no caso de autónomos/as fotocopia do último recibo de pago.
  • No caso de que o/a participante se atope desfrutando das vacacións no termo municipal: declaración responsable.

2. BAREMACIÓN E BONIFICACIÓN

  • Declaración da renda do 2020 ou xustificante acreditativo de non ter que
  • Documentación xustificativa da situación laboral do pai/nai, titor/titora: fotocopia de encabezamento da última nómina, certificado de empresa ou no caso de autónomos/as fotocopia do último recibo de pago.
  • Documento acreditativo de familia numerosa, familia monoparental ou fogar monoparental  se é o caso.
  • Documento acreditativo, no caso de, emerxencia social, menores incluídos no programa de educación familiar, familia con persoas con discapacidade a cargo, familias con persoas dependentes a cargo ou outra situación valorada tecnicamente polo Departamento de Servizos Sociais se é o caso.

Máis información sobre este servizo no teléfono 981 513115 ou no correo electrónico cultura@boqueixon.gal, cim@boqueixon.gal

 

Adxuntos

  • BasesVeranActivo2021 (30 kB)
  • FichaVeranActivo2021 (345 kB)

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025

2025 Concello de Boqueixón

@lmco 2025

981 513061 | Forte, s/n 15881Boqueixón

  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
Facebook-f
Concello de Boqueixón
Aviso legal
Utilizamos cookies para optimizar o noso sitio web e o noso servicio.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
0
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}