Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Cultura · Deportes

Novo éxito da carreira Camiño das Letras que comezou no Pico Sacro

18 de maio de 2021

CaminhoDasLetrasBoqueixon01

O Pico Sacro acolleu unha nova edición da carreira Camiño das Letras. A cita, que conxugou deporte e cultura, rexistrou todo un éxito de convocatoria cubríndose as 200 prazas dispoñibles aos poucos días de terse aberto as inscricións.

A saída do percorrido realizouse no cumio deste icónico enclave boqueixonés para despois continuar por un tramo da Vía da Prata ao seu paso polo municipio. As persoas participantes completaron unha distancia de 15 quilómetros para finalizar na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.

A entrega de galardóns contou coa presenza do alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín. Achégase unha breve escolma de imaxes de distintos intres desta carreira.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo