
O Campo da Feira de Lestedo acollerá este domingo 6 de xuño ás 12.30 horas o espectáculo dirixido a público familiar Punkdemia. Esta iniciativa, desenvolvida co apoio da Deputación da Coruña, ten entrada de balde.
Dende o Concello de Boqueixón anímase á veciñanza a asistir a esta actuación, e sempre respectando todas as medidas de seguridade e prevención fronte á COVID-19 (uso de máscara, distancia interpersoal mínima e hixiene de mans).
