Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Xuventude (OMIX)

Aberto ata o día 30 de xuño o prazo de solicitude de praza para os cursos de inglés 2021/2022

15 de xuño de 2021

CursosInglesBoqueixon

O Concello de Boqueixón vén de abrir o prazo de inscrición nos cursos de inglés para o curso 2021/2022. O desenvolvemento das clases de inglés terá  lugar no CPIP Antonio Orza Couto, coa adopción das medidas hixiénico-sanitarias necesarias para cumprir a normativa vixente en materia de prevención da COVID-19.

Dirixido a:

  • Alumnado de Infantil, Primaria e Secundaria.
  • Mozos e mozas a partir de 16 anos (incluidos), grupos A2, B1 e B2.
  • Daráse preferencia aos solicitantes que estean empadroados no Concello de Boqueixón ou escolarizados nun centro educativo do concello.

Duración: de outubro de 2021 a xuño de 2022.

Días e horas:

2 días a semana e unha hora por día

Inscricións:

Realizaranse do 15 ao 30 de xuño, enviando  a ficha de solicitude (dispoñible tamén no arquivo anexo) por unha das seguintes vías:

  • Telemática, a través da sede electrónica do Concello de Boqueixón (preferente). Incluír documentación en solicitude xeral.
  • Presencialmente por rexistro ( cita previa 981513052)
  • Unha vez finalizado o prazo de inscricións no caso de que quedar prazas vacantes, poderán ser cubertas por novas solicitudes  seguindo o rexistro de entrada.

Custo: 30€/ mes.

Descontos :

2º fillo: 25%  3º fillo: 50%   4º fillo e sucesivos de balde.

Pagamento:

Realizarase con carácter bimestral mediante domiciliación bancaria.

Non se reintegrará ningún importe sen causa debidamente xustificada.

Baixas:

Deberán presentarse antes do día 20 do mes anterior  no departamento de cultura ou a través do e-mail cultura@boqueixon.gal

O Concello poderá modificar ou suspender a prestación da actividade en función das circunstancias que acontezan derivadas da crise sanitaria motivada polo COVID19.

Máis información no teléfono 981 513115 ou no correo electrónico cultura@boqueixon.gal.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo