Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Cultura

O Campo da Feira de Lestedo acolle este domingo 20 de xuño o espectáculo ‘Punkdemia’

15 de xuño de 2021

CartelPunkdemiaBoqueixon

O Campo da Feira de Lestedo acollerá este domingo 20 de xuño ás 12.45 horas o espectáculo dirixido a público familiar Punkdemia. Esta iniciativa, desenvolvida co apoio da Deputación da Coruña, ten entrada de balde. En caso de choiva, o espectáculo trasladarase ao pavillón polideportivo de Lestedo.

Dende o Concello de Boqueixón anímase á veciñanza a asistir a esta actuación, e sempre respectando todas as medidas de seguridade e prevención fronte á COVID-19 (uso de máscara, distancia interpersoal mínima e hixiene de mans).

Compartir
WhatsApp Facebook Correo