Ir al contenido

Concello de Boqueixón

Main Menu
  • O CONCELLO
    • ALCALDÍA
    • ÁREAS MUNICIPAIS
    • XUNTA DE GOBERNO
    • ACTAS XUNTA DE GOBERNO
    • DECRETOS
    • ORDENANZAS
    • O PLENO – CORPORACIÓN
    • O PLENO – ACTAS
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • ARQUIVO
    • BIBLIOTECA
    • CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER (CIM)
    • CULTURA
    • DEPORTES
    • FORMACIÓN, EMPREGO E TURISMO
    • OBRAS E SERVIZOS
    • SERVIZOS XERAIS
    • SERVIZOS SOCIAIS
    • URBANISMO
    • XUVENTUDE (OMIX)
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • DESCRICIÓN XEOGRÁFICA
    • DIRECTORIO
    • ESTADÍSTICAS
    • FESTIVIDADES
    • HISTORIA
    • RUEIRO DE LESTEDO
    • PARROQUIAS
    • PERSOEIROS
    • TOPONIMIA
  • TURISMO
    • ALOXAMENTO
    • AREAS NATURAIS E RUTAS
    • FESTAS E FEIRAS
    • FOLLETO TURÍSTICO
    • GALERÍAS
    • GASTRONOMÍA
    • O PICO SACRO
  • BUSCAR
  • CORREO
  • CONTACTA CON NOS
Main Menu
  • O CONCELLO
    • GOBERNO
      • Actas Xunta de Goberno
      • Alcaldía
      • Áreas Municipais
      • Decretos
      • Ordenanzas
      • Xunta de Goberno
    • O PLENO
      • Actas
      • Corporación
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • Servizos Xerais
    • Obras e Servizos
    • Urbanismo
    • Deportes
    • Xuventude (OMIX)
    • Formación, Emprego e Turismo
    • Cultura
    • Servizos Sociais
    • Centro de Información á Muller (CIM)
    • Biblioteca
    • Arquivo
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • Estadísticas
    • Descrición Xeográfica
    • Directorio
    • Festividades
    • Historia
    • Parroquias
    • Persoeiros
    • Rueiro de Lestedo
    • Toponimia
  • TURISMO
    • Aloxamento
    • Áreas Naturais e Rutas
    • Festas e Feiras
    • Folleto Turístico
    • Galerías
    • Gastronomía
    • O Pico Sacro
  • SEDE ELECTRÓNICA
  • TABOLEIRO DE ANUNCIOS
  • PORTAL DA TRANSPARENCIA

Concello de Boqueixón

Contacta con nós
Correo concello
  • Categoría (s): Boqueixon, CULTURA
  • Publicada o 3 julio 2021

O Pleno de Boqueixón entrega a distinción de Fillo Adoptivo, a título póstumo, a Pedro Pérez Pérez

O Pleno do Concello de Boqueixón, reunido esta mañá en sesión extraordinaria no centro cultural de Ledesma, fixo entrega da distinción de Fillo Adoptivo de Boqueixón, a título póstumo, a Pedro Pérez Pérez. Unha distinción que recolleu Margarita Vizcaíno Pérez, sobriña do homenaxeado, de mans do alcalde Manuel Fernández Munín.

Un acto no que participaron todos os integrantes da corporación municipal que o pasado mes de maio aprobaron por unanimidade este nomeamento, así como Margarita Vizcaíno Pérez e o seu marido, Pedro Terrón Mateos; o deputado autonómico Ovidio Rodeiro, membros da Fundación Pedro Pérez Pérez e veciños e veciñas de Ledesma.

Manuel Fernández Munín destacou que “don Pedro foi unha persoa afable e xenerosa que no seu testamento manifestou a súa vontade de constituír unha Fundación para crear unha bolsa que cada ano apoiase a dous mozos de Boqueixón que quixeran estudar as carreiras universitarias de Medicina ou Veterinaria”. Neste sentido, destacou que grazas a estas bolsas “puideron formarse dez homes e mulleres de ciencia ao servizo da sociedade”. Por iso, a corporación de Boqueixón quixo corresponder a esta xenerosidade entregándolle este título de Fillo Adoptivo, a título póstumo, “pola súa contribución ao desenvolvemento de Boqueixón”.

Placa conmemorativa

Ademais da entrega do título de Fillo Adoptivo, os asistentes ao acto desprazáronse a carón do centro cultural de Ledesma para descubrir unha placa en lembranza de Pedro Pérez Pérez, ao pe dunha pequena oliveira. Unha placa que recolle: “A don Pedro Pérez Pérez, fillo adoptivo de Boqueixón a título póstumo. Ledesma , 3 de xulo de 2021”.

Un detalle que emocionou tanto a Margarita Vizcaíno como ao seu marido, lembrando que no seu Cáceres natal tiña máis de 300 oliveiras. “Era un amante del vino, pero de hacerlo, no de consumirlo. Siempre lo estaba regalando”, lembrou Margarita. A sobriña do homenaxeado asegurou que Pedro Pérez “amaba mucho esta tierra y tenía muchos recuerdos de Galicia en casa. Siempre hablaba mitad en gallego y mitad en extremeño”. Así mesmo, afirmou que “es de bien nacidos el ser agradecidos. Estou segura de que a él le hubiera gustado mucho este acto. Era muy sencillo pero creo que esto le llenaría de orgullo”.

Durante a visita, Pedro Terrón fixo entrega á Fundación Pedro Pérez dunha publicación súa titulada “Vivencias”. Acto seguido, tivo lugar na igrexa parroquial de Ledesma unha misa en memoria do homenaxeado, que rematou cun xantar de confraternidade.

Pedro Pérez Pérez

Pedro Pérez Pérez naceu en Losar de la Vera, un pequeno municipio da provincia de Cáceres, o 30 de xuño de 1919. Veterinario de profesión, un dos seus primeiros destinos foi Boqueixón, chegando ao municipio nos anos 50. Residiu, xunto coa súa dona Rosario Fernández Rodríguez, na parroquia de Ledesma durante aproximadamente 15 anos. Aínda que despois, no ano 1965, se trasladaría a Carballo como xefe comarcal, Boqueixón deixou unha importante pegada na súa vida.

Tanto foi así que, tras o seu falecemento (o 7 de decembro do 2001), manifestou no seu testamento a súa vontade de constituír unha fundación coa finalidade de crear un fondo anual para apoiar as carreiras universitarias de Medicina e Veterinaria de dúas persoas mozas pertencentes a calquera parroquia do Concello de Boqueixón. Foi entón cando se constituíu a Fundación Pedro Pérez, dotada cun patrimonio próximo aos 200.000 euros. Grazas a esta entidade, un total de dez alumnos e alumnas de Medicina e Veterinaria do municipio beneficiáronse deste legado durante os seus anos de carreira.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025

2025 Concello de Boqueixón

@lmco 2025

981 513061 | Forte, s/n 15881Boqueixón

  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
Facebook-f
Concello de Boqueixón
Aviso legal
Utilizamos cookies para optimizar o noso sitio web e o noso servicio.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
0
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}