
Os monicreques de Títeres Cachirulo fixeron as delicias das familias de Boqueixón que se achegaron onte domingo pola carballeira da feira de Lestedo. Máis de medio cento de persoas desfrutaron tanto do obradoiro de monicreques como da posta en escena do espectáculo “Don Gaiferos e o dragón”.
Unha iniciativa organizada por Títeres Cachirulo, co patrocinio do Xacobeo 21-22 e a colaboración do Concello de Boqueixón, dentro do programa especial A Compostela polas Rutas Xacobeas.
