Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Cultura

Gran participación no espectáculo de dinamización lingüística: “Un rei e outros animais”

20 de setembro de 2021

Un Rei e outros animais

Máis de medio cento de veciños e veciñas de Boqueixón asistiron á posta en escena de “Un rei e outros animais”, unha divertida iniciativa para toda a familia do músico e manipulador de monicreques Carlos Quintá Cagide. A Casa da Cultura de Camporrapado acolleu esta actuación, na que os nenos e nenas de Boqueixón desfrutaron coas historias e pezas da tradición galega postas en escena a través de animais.

“Un rei e outros animais” chegou a Boqueixón grazas ao programa de dinamización lingüística FalaRedes e contou coa colaboración do Concello de Boqueixón, Xacobeo 21-22 e Xunta de Galicia.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo