O Departamento de Deportes do Concello de Boqueixón, en colaboración coa Deputación da Coruña e dentro da súa programación deportiva para este ano 2022, tomou parte na campaña de esquí na estación de Valgrande-Pajares. Do 28 ao 31 de xaneiro, catro nenas de Boqueixón participaron nesta iniciaiva, que incluía catro dias de aloxamento a pé de pista, cursos de esquí e outras actividades. Así, as boquixanesas, de entre 12 e 15 anos, tiveron a oportunidade de iniciarse ou perfeccionar a práctica do esquí con monitores profesionais, asi como participar noutras actividades deportivas e culturais complementarias.
- Categoría (s): Boqueixon, DEPORTES
- Publicada o