Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Formación e emprego

Publicadas as bases dos Plan de Emprego Local PEL 2022 da Deputación da Coruña

29 de marzo de 2022

PEL

O BOP vén de publicar as bases reguladoras do Plan de Emprego Local, PEL 2022, da Deputación da Coruña nas súas distintas modalidades:

  • PEL-Emprende Investimento: axudas para a consolidación e o fortalecemento do tecido empresarial nos concellos da provincia da Coruña a través do apoio ao investimento en bens inventariables. Máis información.
  • PEL-Autónom@s: axudas de apoio ao emprendemento a través do financiamento das cotas sociais de persoas autónomas. Máis información.
  • PEL-Pemes Creación e Ampliación: axudas á creación e ampliación do cadro de persoal de pemes, persoas autónomas e microempresas. Máis información.
  • PEL-Pemes Mantemento: axudas para subvencionar o mantemento das contratacións indefinidas realizadas ao abeiro do PEL-Pemes Creación e Ampliación 2021. Máis información.

O prazo previsto para a presentación de solicitudes será do 11 de abril ata as 14:00 horas do 11 de maio. As solicitudes deberán presentarse de xeito telemático a través da plataforma SUBTeL: https://sede.dacoruna.gal/subtel/

Máis información na web do Plan de Emprego Local.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo