Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Xuventude (OMIX)

Servizo de voluntariado xuvenil 2014

25 de marzo de 2014

84-f-vol xuv - copiaO Servizo de Voluntariado Xuvenil está destinado á mocidade de entre 16 e 30 anos.

Levarase a cabo durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro.

O servizo de voluntariado terá unha duracción comprendida entre 15 e 60 días.

As actividades que se levarán a cabo serán as seguintes:

– Apoio aos monitores/ras do Verán activo ( programa lúdico -educativo)
– Apoio aos monitores/ras da ocioteca de Camporrapado
– Apoio aos monitores/ras das actividades deportivas
– Apoio aos monitores/ras das actividades xuvenís ( campamentos, intercambios, escola de verán)

Os/as voluntarios/as reciben unha compensación de 6€/día para cubrir os gastos de transporte e manutención e estarán cubertos polo seu respectivo seguro.

Benefícios para as/os voluntarias/os:

As/os voluntarias/os adquirirán experiencia no ámbito da educación sociocultural, educación non formal e á dinamización xuvenil.

Ao finalizar a súa colaboración a/o voluntario/a recibirá da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado un certificado que acreditará a súa participación.

PARA MÁIS INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS 981513115 / facebook

O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NESTE PROGRAMA REMATA O 31 DE MARZO.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo