Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Bandos e avisos

A unidade móbil para doazón de sangue estará o 7 de outubro en Lestedo

30 de setembro de 2022

A unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue estará o próximo venres 7 de outubro diante de Abanca en Lestedo, en horario de 15:45 a 21:00 horas. Lembra que para doar só é preciso ter máis de 18 anos e pesar máis de 50 quilos. Ademais, hai que acudir almorzado e, como mínimo, 2 horas despois do xantar. Se non se dispón da tarxeta de doador, só será preciso presentar o DNI ou documento similar. 

Recorda que durante a doazón seguirase un protocolo que garante a seguridade tanto da persoa doadora coma do persoal sanitario. En caso de dúbidas, existe un teléfono gratuíto de información: 900 100 828.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo