Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Cultura

As instalacións do Forte acollerán o espectáculo “Galicia ilusiona coa maxia” o 21 de outubro

6 de outubro de 2022

O mago Pedro Bugarín visitará Boqueixón o vindeiro 21 de outubro para presentar o seu espectáculo “Galicia ilusiona coa maxia”, unha iniciativa que mestura maxia e humor coa que está a triunfar en toda Galicia. A cita é nas instalacións do Forte, o venres 21 de outubro, a partir das catro da tarde.

Cordas rotas que reaparecen como novas, moedas que traspasan o cristal dos vasos, páxinas brancas de libros que por arte de maxia se iluminan con milleiros de cores… conforman un divertido espectáculo de maxia que divertirá e sorprenderá ao público a partes iguais.

A entrada é totalmente de balde, pero é preciso reservar antes a entrada no Departamento de Cultura: 981 513 115 ou cultura@boqueixon.com. Unha actuación organizada polo Concello de Boqueixón ao abeiro do programa Ler conta moito da Xunta de Galicia.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo