Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Actualidade

Oferta de emprego: dependentes/as para empresa de alimentación en Lestedo

9 de marzo de 2023

empregoboqueixon

O Concello de Boqueixón informa de que a empresa de alimentación JOALPER, SL (Eroski City) busca dependentes/as para a súa tenda de Lestedo (Boqueixón). As funcións a realizar serán as de caixeiro, repoñedor e panadería.

Requisitos: estudos mínimos de educación secundaria obrigatoria, persoa responsable, dinámica, que desfrute co traballo en equipo e coa atención ao cliente.

As persoas interesadas terán que presentar candidaturas enviando CV ao correo electrónico rrhh@joalper.es  ou a través da páxina web http://joalper.es no apartado de “TRABAJA CON NOSOTROS”.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo