Ir al contenido

Concello de Boqueixón

Main Menu
  • O CONCELLO
    • ALCALDÍA
    • ÁREAS MUNICIPAIS
    • XUNTA DE GOBERNO
    • ACTAS XUNTA DE GOBERNO
    • DECRETOS
    • ORDENANZAS
    • O PLENO – CORPORACIÓN
    • O PLENO – ACTAS
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • ARQUIVO
    • BIBLIOTECA
    • CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER (CIM)
    • CULTURA
    • DEPORTES
    • FORMACIÓN, EMPREGO E TURISMO
    • OBRAS E SERVIZOS
    • SERVIZOS XERAIS
    • SERVIZOS SOCIAIS
    • URBANISMO
    • XUVENTUDE (OMIX)
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • DESCRICIÓN XEOGRÁFICA
    • DIRECTORIO
    • ESTADÍSTICAS
    • FESTIVIDADES
    • HISTORIA
    • RUEIRO DE LESTEDO
    • PARROQUIAS
    • PERSOEIROS
    • TOPONIMIA
  • TURISMO
    • ALOXAMENTO
    • AREAS NATURAIS E RUTAS
    • FESTAS E FEIRAS
    • FOLLETO TURÍSTICO
    • GALERÍAS
    • GASTRONOMÍA
    • O PICO SACRO
  • BUSCAR
  • CORREO
  • CONTACTA CON NOS
Main Menu
  • O CONCELLO
    • GOBERNO
      • Actas Xunta de Goberno
      • Alcaldía
      • Áreas Municipais
      • Decretos
      • Ordenanzas
      • Xunta de Goberno
    • O PLENO
      • Actas
      • Corporación
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • Servizos Xerais
    • Obras e Servizos
    • Urbanismo
    • Deportes
    • Xuventude (OMIX)
    • Formación, Emprego e Turismo
    • Cultura
    • Servizos Sociais
    • Centro de Información á Muller (CIM)
    • Biblioteca
    • Arquivo
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • Estadísticas
    • Descrición Xeográfica
    • Directorio
    • Festividades
    • Historia
    • Parroquias
    • Persoeiros
    • Rueiro de Lestedo
    • Toponimia
  • TURISMO
    • Aloxamento
    • Áreas Naturais e Rutas
    • Festas e Feiras
    • Folleto Turístico
    • Galerías
    • Gastronomía
    • O Pico Sacro
  • SEDE ELECTRÓNICA
  • TABOLEIRO DE ANUNCIOS
  • PORTAL DA TRANSPARENCIA

Concello de Boqueixón

Contacta con nós
Correo concello
  • Categoría (s): Boqueixon, FORMACION E EMPREGO
  • Publicada o 1 julio 2014

Contratación de socorrista acuático para a piscina municipal en réxime laboral temporal a tempo parcial

BASES PARA A CONTRATACIÓN  DE SOCORRISTA ACUÁTICO PARA A PISCINA MUNICIPAL DE BOQUEIXÓN EN RÉXIME LABORAL TEMPORAL A TEMPO PARCIAL (42 HORAS/MES DE AGOSTO DE 2014)

Primeira.- Obxecto da convocatoria
Contratar a un traballador como socorrista acuático para a atención da piscina municipal de Boqueixón, un día e medio á semana durante o mes de agosto, mediante un contrato en réxime laboral temporal a tempo parcial.
Segunda.-  Duración do contrato
A duración do contrato é de 1 mes que abranguerá dende o 1 de ó 31 de agosto de 2014, DE 42 HORAS MENSUAIS DE AGOSTO.
Terceira.- Condicións dos/as aspirantes para participar no proceso selectivo

Para a admisión dos aspirantes será necesario cumprir os seguintes requisitos xerais:
1 Ser español/a (copia do NIF) ou membro da Unión europea.
2 Ter cumplidos os 18 anos.
3 Non padecer enfermidade ou defecto físico que inhabiliten para o desempeño normal das funcións que son obxecto do presente contrato.
4 Non haber sido separado, mediante expediente disciplinario, do servizo ó Estado, ás Comunidades Autónomas ou ás Entidades Locais, nin atoparse inhabilitado para o desempeño de postos de traballo nas Administracións Públicas por sentencia xudicial firme ou resolución administrativa.
5 Non estar incurso en causas  de incompatibilidade de conformidade co establecido na Ley 53/1994 de 26 de decembro, de incompatiblidades do persoal o servizo das administracións públicas.
6 Estar en posesión do CARNÉ DA XUNTA DE GALICIA que habilita  como socorrista en instalacións acuáticas  e espazos acuáticos naturais (os/as aspirantes deberán acreditar con fotocopia compulsada este punto no momento de facer a solicitude de admisión no proceso selectivo).

Cuarta.- Convocatoria

O Concello de Boqueixón procederá á publicación do anuncio de contratación na páxina Web do Concello de Boqueixón lab.mcapps.es, con data do 1
 de xullo de 2014.

Os/as candidatos/as disporán de 5 días hábiles, contados a partir do mesmo día ó  da publicación na citada páxina, para a presentación de solicitudes no Rexistro Xeral sito na Casa do Concello, en horario de 9 a 14 horas. O PRAZO REMATA O DÍA 5 DE XULLO DE  2014 Á 13:00 HORAS.

Non serán admitidas aquelas solicitudes que non se fagan no rexistro xeral do Concello  de Boqueixón. Para dúbidas os/as aspirantes poderán chamar o 981513061.

Quinta.- Comisión seleccionadora.

Tódolos membros da comisión seleccionadora terán unha titulación igual ou superior á praza a seleccionar:
PRESIDENTE: RICARDO ROMERO PÉREZ, SUPLENTE: ANSELMO CAEIRO VILAR.
SECRETARIO: ELENA SUÁREZ RODRÍGUEZ, SUPLENTE: JUAN MANUEL CORRAL SÁNCHEZ
VOGAL 1: JOSÉ MARIA SOUTO TEMES,  SUPLENTE: PILAR PAZOS SANTASMARINAS.
VOGAL 2: ROSARIO IGLESIAS IGLESIAS, SUPLENTE: ADELA LAMELA ARTEAGA.
VOGAL 3: MARÍA VICTORIA NEGRÍN BLANCO, SUPLENTE: ROSARIO CANAVAL VAZQUEZ.

A comisión seleccionadora non poderá constituirse sen a asistencia de máis da metade dos membros (titulares ou suplentes, indistintamente). En todo caso será preciso a asistencia do presidente e o secretario.
As actuacións da Comisión seleccionadora  serán recurribles conforme o establecimento na Lei 30/1992 do Réxime Xurídico e Procedemente Administrativo Común.
Sexta.-  Proceso de selección

    
– PROBA ESCRITA: Máximo 20 puntos.
Consistirá en contestar un cuestionario tipo test de 20 preguntas relacionadas co posto ofertado. Este exercicio terá carácter obrigatorio e é eliminatorio. A puntuación máxima será de 20  puntos e a mínima para superar a proba é de 10 puntos. Cada pregunta correcta puntuará 1 punto.

A entidade local facilitará o temario fotocopiado para a preparación da proba se así o solicitan os/as candidatos/as.

– BAREMACIÓN CURRICULUM VITAE .Máximo de 10 puntos:
A Comisión valorará a documentación para a realización do baremo de méritos é o seguinte presentada polos/as aspirantes que superaron a proba escrita, de acordo cos requisitos establecidos:

Formación. Computarase ata un máximo de 4 puntos:

1)    Títulos de formación profesional ou Titulos universitarios de grao, diplomaturas ou licenciaturas relacionados coa praza ofertada:

Título de formación profesional de grao superior relacionado coa praza ofertada: 0,50 puntos.
Título universitario relacionado coa praza ofertada: 1 punto.

2) Cursos, seminarios e xornadas relacionados co posto ofertado, a puntuación non poderá superar os 2 puntos. (NON SE VALORAN CURSOS DE INFORMÁTICA, e DE IDIOMAS). Establécese o seguinte baremo:
– Cursos de máis de 100 horas: 1 punto.
– Cursos de 25 horas a 99 horas: 0,50 puntos.

3) Cursos de galego de perfeccionamento, iniciación e CELGA ou validación  (a puntuación non poderá superar 1 punto): só se computará o de nivel máis alto.
Celga 4: 1 punto
Celga 3: 0,75 punto
Celga 2:0,50 puntos
Celga 1: 0,25 puntos

A experiencia laboral computarase ata un máximo de 6 puntos:
– Traballos prestados como socorrista acuático: Por cada mes traballado 1 punto.
– Traballos prestados en posto similar: Por cada mes traballado 0,25 puntos.

As dúbidas que se susciten serán resoltas pola citada Comisión, que terá a facultade de interpretar estas bases, facendo constar na acta correspondente os acordos adoptados.

Sétima.- Acreditación de méritos.- Os méritos comprendidos no apartado 1, 2 da base anterior acreditaranse mediante copia compulsada dos títulos correspondentes.
Os méritos do apartado 3 da base sexta, acreditaranse con contrato de traballo ou certificado de empresa acreditando o período traballado e certificado de vida laboral expedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social. Asemesmo, terá que presentarse copias compulsadas de toda a documentación acreditativa.

Oitava.- Datas da realización das probas.-

Proba escrita: realizarase ás 12:00 horas do día 15 de xullo de 2014 no Salón de Plenos do Concello de Boqueixón a proba tipo Test a todos/as as aspirantes

Baremación curricular: a Comisión reunirase ás 13:00 horas do día 15 de xullo de 2014  no Sálon de Plenos da Casa do Concello de Boqueixón para a realización da baremación do méritos aportados polos/as aspirantes.

Novena.- Rematada a selección o Tribunal publicará no taboleiro o nome do/a participante titular do posto seleccionado/a coa súa puntuación, e nome do candidatos/as suplentes que terá vixencia mentres se manteñan as circuntancias que deron lugar a esta convocatoria.

Décima.-  Proposta de contratación
Unha vez rematado o proceso de selección, a proposta da Comisión de Selección será elevada ao alcalde para que formule a contratación da persoa que obteña a mellor puntuación, en número que non supere a das prazas obxecto da convocatoria.  
A formalización do contrato realizarase conforme o previsto na lexislación vixente.

Undécima.- Incidencias.    A Comisión Seleccionadora queda autorizada para resolver as dúbidas que se presenten, e para adoptar os acordos necesarios para o bo funcionamento do proceso de selección, en todo o non previsto nestas bases, facendo constar na acta correspondente os acordos adoptados.

[attachments docid=»4483″]

 

Adxuntos

  • Instancia socorrista (340 kB)
  • Instancia socorrista (340 kB)
  • Instancia socorrista (340 kB)
  • Instancia socorrista (340 kB)

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025

2025 Concello de Boqueixón

@lmco 2025

981 513061 | Forte, s/n 15881Boqueixón

  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
Facebook-f
Concello de Boqueixón
Aviso legal
Utilizamos cookies para optimizar o noso sitio web e o noso servicio.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
0
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}