Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Servizos sociais

O Concello de Boqueixón comezará cos Servizos de Conciliación de Madruga Boqueixón, e tardes educativas e de lecer, a partir do 11 de setembro 2024

19 de agosto de 2024

Coincidindo co inicio do curso escolar, a partir do vindeiro 11 de setembro de 2024, o Concello de Boqueixón comezará cos servizos de conciliación, pois é esencial seguir ofertando servizos ás familias que faciliten a harmonización da súa vida persoal, laboral e familiar co coidado de fillos e fillas menores

Con este obxectivo, durante o período lectivo 2024/2025 prestaranse os servizos de:

  • Madruga Boqueixón: servizo de acollida, coidado e vixilancia á rapazada antes do comezo das clases, en horario de 7:30 a 9:00 horas. Realizarán actividades variadas e relacionadas con fomento de hábitos saudables.
  • Tardes Educativas e de Lecer: servizo de atención á rapazada unha vez que rematan as clases, polas tardes en horario de 15:30 a 18:30 .

A rapazada realizará as tarefas escolares diarias e así mesmo desfrutarán con actividades lúdico educativas, lecturas, xogos e obradoiros variados.

Estes servizos terán lugar en aulas cedidas polo CPI Antonio Orza Couto e nas instalacións municipais, todas elas habilitadas para realizar esta actividade.

Ambos programas diríxense á rapazada con idades comprendidas entre os 3 e os 16 anos.

As anotacións poderán formalizarse en breve, de xeito telemático (a través da sede do Concello de Boqueixón e adxuntando a documentación que se require) ou de forma presencial a través do Rexistro Xeral.

En ambos casos, as fichas de inscricións estarán dispoñibles na páxina web do Concello de Boqueixón.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo