Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Cultura

Unha trintena de persoas participaron na andaina seguindo os feitos recollidos no libro “Unha matanza esquecida”

13 de novembro de 2024

Algo máis de trinta persoas participaron este domingo nunha andaina circular e gratuíta organizada polo Concello de Boqueixón. Un percorrido de 13 quilómetros polas parroquias de Gastrar, Vigo e Loureda no que as persoas participantes percorreron os lugares recollidos no libro “Unha matanza esquecida”, de Severino Fernández Abel.

A andaina durou aproximadamente 4 horas, tempo no que os camiñantes estiveron acompañados por Fernández Abel, veciño de Gastrar, quen foi facendo comentarios nos lugares históricos recollidos no seu libro.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo