Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

CIM

A rapazada do servizo de conciliación Entroido Activo visita a Casa do Concello

5 de marzo de 2025

A ducia de nenos e nenas que participou esta semana no servizo de conciliación Entroido Activo visitou esta mañá as instalacións da casa consistorial. Aló foron recibidos polo alcalde, Ovidio Rodeiro, e a concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Ángela Conde Lois, quen estiveron acompañados por Cristina Carbajales, directora do Centro de Información á Muller de Boqueixón, e Yolanda Neira, psicóloga do CIM.

A rapazada, de idades comprendidas entre os 3 e os 16 anos, acudiu disfrazada con máscaras de Entroido, elaboradas neste programa lúdico educativo organizado polo Concello de Boqueixón para facilitar a conciliación laboral e familiar durante estas vacacións de Entroido e cuxas actividades tiveron lugar en instalacións municipais e no CPI Antonio Orza Couto.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo