Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Cultura

Aberto o prazo para novas matrículas nos cursos de Inglés 2025-2026

17 de xuño de 2025

O Concello de Boqueixón convoca unha nova edición dos seus cursos de inglés, que terán lugar de outubro a xuño no CPI Antonio Orza Couto. Están dirixidos a alumnado de Infantil, Primaria, Secundaria e mocidade a partir de 16 anos, grupos A2, B1 e B2.

O alumnado matriculado pode renovar a súa praza ata o 15 de xuño.

Despois, do 16 ao 30 de xuño abrirase o prazo para novas matrículas.

Descarga aquí a Ficha de Inscrición, cúbrea e preséntaa de forma telemática a través da sede electrónica municipal.

Lembramos tamén que do 23 de xuño ao 11 de xullo, de 11:00 a 13:00 horas, terá lugar no CPI un curso intensivo de inglés para preparar o exame B2.

Máis información: 981 513 115 ou en cultura@boqueixon.es

Adxuntos

Compartir
WhatsApp Facebook Correo