O Concello organiza unha excursión a Ferrol o mércores 30 de xullo

O Concello de Boqueixón organiza unha excursión a Ferrol que terá lugar o mércores 30 de xullo. Pola mañá, a expedición fará un percorrido polo porto ferrolá, mentres que pola tarde visitarase o Museo da Construción Naval e realizarase un paseo guiado polo casco histórico da cidade departamental.

As persoas interesadas en participar, deben dirixirse ao Departamento de Cultura, ben por teléfono (981 513 115, en horario de mañá), ben a través do mail cultura@boqueixon.es. Os asentos do autobús outorgaranse de acordo á orde de inscrición.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025