A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, mantivo un encontro de traballo cos alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro; Vedra, Carlos Martínez; e A Estrada, Gonzalo Louzao; en relación co proxecto Ulla Navegable. Na xuntanza, que tivo lugar na sede da Axencia en Santiago, avaliouse a posible colaboración entre a Consellería do Medio Rural e estes concellos para impulsar unha iniciativa vinculada ao turismo de natureza, como factor de desenvolvemento local, neste caso a través das rutas en kayak polo río.
- Categoría (s): Boqueixon, DEPORTES, TURISMO
- Publicada o