O Torneo de Nadal de Fútbol Sala incorpora este ano unha nova categoría

O Concello de Boqueixón ten aberta a inscrición no Torneo de Nadal de Fútbol Sala, que terá lugar o 24 e 25 de decembro no pavillón municipal do Forte.

A novidade deste ano é a incorporación dunha nova categoría, de xeito que haberá:

  • Júnior: 2014, 2015 e 2016.
  • Xuvenil: 2010, 2011, 2012 e 2013.
  • Sénior: de 16 ou máis anos (cun máximo de 2 persoas non empadroadas por equipo).

As inscricións están abertas no Departamento de Deportes: 636 731 321 / deportes@boqueixon.es. Anotacións antes das 14:00 horas do 19 de decembro.

O sorteo dos grupos de equipos terá lugar o 22 de decembro, ás 12:00 horas, no salón de plenos do Concello de Boqueixón.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025