
O Concello de Boqueixón abre inscricións nunha excusión a Fátima que terá lugar os días 10, 11 e 12 de marzo.
A saída inclúe visitas a localidades como Aveiro, Nazaré, Batalha, Alcobaça e Óbidos.
O prezo desta excursión de 3 días é de 290 euros. Prazas limitadas.
Máis información e inscricións no Departamento de Cultura: 981 513 115.
