Ir al contenido

Concello de Boqueixón

Main Menu
  • O CONCELLO
    • ALCALDÍA
    • ÁREAS MUNICIPAIS
    • XUNTA DE GOBERNO
    • ACTAS XUNTA DE GOBERNO
    • DECRETOS
    • ORDENANZAS
    • O PLENO – CORPORACIÓN
    • O PLENO – ACTAS
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • ARQUIVO
    • BIBLIOTECA
    • CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER (CIM)
    • CULTURA
    • DEPORTES
    • FORMACIÓN, EMPREGO E TURISMO
    • OBRAS E SERVIZOS
    • SERVIZOS XERAIS
    • SERVIZOS SOCIAIS
    • URBANISMO
    • XUVENTUDE (OMIX)
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • DESCRICIÓN XEOGRÁFICA
    • DIRECTORIO
    • ESTADÍSTICAS
    • FESTIVIDADES
    • HISTORIA
    • RUEIRO DE LESTEDO
    • PARROQUIAS
    • PERSOEIROS
    • TOPONIMIA
  • TURISMO
    • ALOXAMENTO
    • AREAS NATURAIS E RUTAS
    • FESTAS E FEIRAS
    • FOLLETO TURÍSTICO
    • GALERÍAS
    • GASTRONOMÍA
    • O PICO SACRO
  • BUSCAR
  • CORREO
  • CONTACTA CON NOS
Main Menu
  • O CONCELLO
    • GOBERNO
      • Actas Xunta de Goberno
      • Alcaldía
      • Áreas Municipais
      • Decretos
      • Ordenanzas
      • Xunta de Goberno
    • O PLENO
      • Actas
      • Corporación
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • Servizos Xerais
    • Obras e Servizos
    • Urbanismo
    • Deportes
    • Xuventude (OMIX)
    • Formación, Emprego e Turismo
    • Cultura
    • Servizos Sociais
    • Centro de Información á Muller (CIM)
    • Biblioteca
    • Arquivo
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • Estadísticas
    • Descrición Xeográfica
    • Directorio
    • Festividades
    • Historia
    • Parroquias
    • Persoeiros
    • Rueiro de Lestedo
    • Toponimia
  • TURISMO
    • Aloxamento
    • Áreas Naturais e Rutas
    • Festas e Feiras
    • Folleto Turístico
    • Galerías
    • Gastronomía
    • O Pico Sacro
  • SEDE ELECTRÓNICA
  • TABOLEIRO DE ANUNCIOS
  • PORTAL DA TRANSPARENCIA

Concello de Boqueixón

Contacta con nós
Correo concello
  • Categoría (s): Boqueixon, OBRAS E URBANISMO
  • Publicada o 13 marzo 2026

A Xunta colabora cos concellos de Boqueixón e O Pino na mellora do viario de Loureda ao aeroporto compostelán

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado dos alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e do Pino, Manuel Taboada; e pola directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobaron esta mañá as melloras realizadas no viario que vai de Loureda (Boqueixón) ao aeroporto de Santiago de Compostela. Unhas obras de pavimentación e limpeza de cunetas que supuxeron un investimento de 62.500 euros, dos que o Goberno galego achegou preto de 44.000 euros a través da Orde de infraestruturas de uso público.

Ovidio Rodeiro destacou que “se trata dun proxecto conxunto co Concello do Pino para aglomerar, reforzar o firme e mellorar os entronques cos camiños forestais da estrada que conecta Boqueixón co Pino, á altura do aeroporto. Unhas actuacións que buscan mellorar a seguridade viaria, facilitar o acceso ás zonas rurais e reforzar a conectividade entre ambos municipios grazas ao apoio da Xunta de Galicia”.

Obras

As obras tiveron lugar nun viario de 1.930 metros, 1.550 metros en Boqueixón e 380 metros no termo municipal do Pino. En ambos os dous tramos procedeuse á limpeza de gabias en ambas marxes do viario, cuxa capa de rodaxe foi mellorada grazas a 5 centímetros de aglomerado en quente. No caso concreto de Boqueixón, procedeuse tamén a un fresado previo sobre un ancho de 1,5 metros dende a beiravía, para mellorar a seguridade viaria.

A maiores, en Boqueixón realizouse unha actuación especial nos entronques cos camiños forestais, que foron acondicionados con 10 centímetros de grava e tratamento asfáltico semiprofundo para rematar cun aglomerado en quente de 4 centímetros, o pintado da liña de borde da estrada e a colocación da correspondente sinalización horizontal e vertical nestes entronques.

No tramo correspondente ao Pino, realizouse un bacheo previo do viario con 10% de grava e tratamento asfáltico semiprofundo, previo ao aglomerado en quente en toda a estrada. Así mesmo, procedeuse a pintura do borde da vía e do eixo da estrada.

Accesibilidade ao rural

Segundo sinalou o conselleiro, o obxectivo é facilitarlles aos concellos o acondicionamento das vías públicas, coa correcta drenaxe das augas pluviais e garantir así a accesibilidade nas mellores condicións aos núcleos rurais da contorna. Nesta liña, Diego Calvo salientou que precisamente a Orde de infraestruturas de uso público, dotada con 3,5 millóns de euros, está destinada a localidades de menos de 30.000 habitantes “co obxectivo de garantir o equilibrio territorial e que a poboación galega teñan unhas óptimas condicións de vida con independencia do seu lugar de residencia”, apuntou.

As achegas concedidas a través desta orde poden cubrir ata o 80% do gasto de creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais. O pasado ano esta medida permitiu impulsar 103 proxectos municipais en toda Galicia, 34 deles na provincia da Coruña.

Diego Calvo incidiu tamén no carácter prioritario que teñen os proxectos presentados de maneira conxunta por varios concellos, como foi o caso da proposta de Boqueixón e O Pino, xa que o feito de incentivar as diferentes fórmulas de xestión compartida na prestación dos servizos públicos permite promover unha xestión eficaz e eficiente, así como rendabilizar os recursos das administracións.

Apoio específico aos concellos

 Ademais, lembrou que, a maiores da orde de infraestruturas de uso público, o Goberno galego abre cada ano diversas liñas específicas para os concellos, como o Fondo de Compensación Ambiental, que este exercicio aumenta o orzamento a 11,4 millóns de euros, ou a liña de apoio a proxectos estratéxicos do fondo adicional do Fondo de Cooperación Local, cunha dotación que tamén medra en 2026 e ascende a 10 millóns de euros. A elas súmase o Fondo de Cooperación Local, que segue subindo e chega a 187 millóns de euros, un 12% por riba de 2025.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025

2025 Concello de Boqueixón

@lmco 2025

981 513061 | Forte, s/n 15881Boqueixón

  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
Facebook-f
Concello de Boqueixón
Aviso legal
Utilizamos cookies para optimizar o noso sitio web e o noso servicio.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
0
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}