O Concello abre mañá venres as inscricións no Campamento CREA

O Concello de Boqueixón abre mañá venres 1 de maio o prazo de inscrición no campamento CREA, unha iniciativa gratuíta que ten como principal obxectivo promover o crecemento persoal e social da mocidade participante, que tamén recibirá unha formación en valores a través dun espazo lúdico- educativo e  empregando unha metodoloxía de educación non formal que fomente a creatividade.

O campamento CREA terá lugar durante o mes de xullo, en horario de 9:00 a 14:00 horas, con entrada de 9:00 a 10:00 e saída de 13:30 a 14:00 horas, con posibilidade de aumento horario por conciliación. A maiores, ofrécese a posibilidade de optar ao servizo de comedor, neste caso o horario de recollida da mocidade se ampliaría ata as 15:30 horas.

Esta actividade está dirixida a mozos e mozas que se encontren matriculados na ESO durante ese ano.

O número de prazas é limitado, polo que terá preferencia a rapazada que estea empadroada en Boqueixón ou escolarizada nun centro educativo do municipio.

As inscricións estarán abertas ata completar prazas. Para participar só é preciso enviar cumprimentada a ficha de inscrición adxunta por correo electrónico a: cultura@boqueixon.com, onde tamén responderán a calquera dúbida.

Adxuntos

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025