Ir al contenido

Concello de Boqueixón

Main Menu
  • O CONCELLO
    • ALCALDÍA
    • ÁREAS MUNICIPAIS
    • XUNTA DE GOBERNO
    • ACTAS XUNTA DE GOBERNO
    • DECRETOS
    • ORDENANZAS
    • O PLENO – CORPORACIÓN
    • O PLENO – ACTAS
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • ARQUIVO
    • BIBLIOTECA
    • CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER (CIM)
    • CULTURA
    • DEPORTES
    • FORMACIÓN, EMPREGO E TURISMO
    • OBRAS E SERVIZOS
    • SERVIZOS XERAIS
    • SERVIZOS SOCIAIS
    • URBANISMO
    • XUVENTUDE (OMIX)
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • DESCRICIÓN XEOGRÁFICA
    • DIRECTORIO
    • ESTADÍSTICAS
    • FESTIVIDADES
    • HISTORIA
    • RUEIRO DE LESTEDO
    • PARROQUIAS
    • PERSOEIROS
    • TOPONIMIA
  • TURISMO
    • ALOXAMENTO
    • AREAS NATURAIS E RUTAS
    • FESTAS E FEIRAS
    • FOLLETO TURÍSTICO
    • GALERÍAS
    • GASTRONOMÍA
    • O PICO SACRO
  • BUSCAR
  • CORREO
  • CONTACTA CON NOS
Main Menu
  • O CONCELLO
    • GOBERNO
      • Actas Xunta de Goberno
      • Alcaldía
      • Áreas Municipais
      • Decretos
      • Ordenanzas
      • Xunta de Goberno
    • O PLENO
      • Actas
      • Corporación
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • Servizos Xerais
    • Obras e Servizos
    • Urbanismo
    • Deportes
    • Xuventude (OMIX)
    • Formación, Emprego e Turismo
    • Cultura
    • Servizos Sociais
    • Centro de Información á Muller (CIM)
    • Biblioteca
    • Arquivo
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • Estadísticas
    • Descrición Xeográfica
    • Directorio
    • Festividades
    • Historia
    • Parroquias
    • Persoeiros
    • Rueiro de Lestedo
    • Toponimia
  • TURISMO
    • Aloxamento
    • Áreas Naturais e Rutas
    • Festas e Feiras
    • Folleto Turístico
    • Galerías
    • Gastronomía
    • O Pico Sacro
  • SEDE ELECTRÓNICA
  • TABOLEIRO DE ANUNCIOS
  • PORTAL DA TRANSPARENCIA

Concello de Boqueixón

Contacta con nós
Correo concello
  • Categoría (s): Boqueixon, OBRAS E URBANISMO
  • Publicada o 3 junio 2026

Ángeles Vázquez visita as melloras acometidas para dixitalizar o abastecemento de auga en Boqueixón

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, puxo hoxe en valor o apoio prestado pola Xunta de Galicia aos concellos para avanzar na dixitalización da xestión da auga logo dun investimento de preto de 5 millóns de euros do que se beneficiaron 38 municipios de menos de 20.000 habitantes.

No caso do Concello de Boqueixón, que hoxe visitou a conselleira, a Xunta investiu máis de 120.000 euros na instalación de estacións de medición e rexistro en captacións, na estación de tratamento de auga potable de Orto e no depósito do Pico Sacro, así como para a implantación dunha plataforma dixital. Esta plataforma permítelle ao Concello de Boqueixón consultar nun único sistema os datos recollidos polos equipos instalados, visualizar a información en tempo real e mellorar a xestión ordinaria do abastecemento; e a Augas de Galicia dispoñer dunha visión integrada da información xerada polos sistemas monitorizados.

O alcalde en funcións de Boqueixón, Gonzalo Redondo Rendo, agradeceu a colaboración da Xunta de Galicia “en todo o que sexa mellorar os servizos que prestamos aos nosos veciños e veciñas”. Neste sentido puxo en valor que “esta actuación que fixemos supón un salto de calidade moi importante que repercutirá no usuario final”.

Xestión en remoto e tempo real

Este proxecto, iniciado a principios de febreiro de 2025, permitiu dotar ao Concello de Boqueixón das ferramentas necesarias para xestionar, en tempo real e en remoto, os sistemas municipais de abastecemento de auga a través da implantación e posta en marcha dunha serie de estacións dixitais de monitorización.

“Deste xeito podemos coñecer ao momento aspectos importantes como a turbidez da auga de saída ou o caudal de auga dispoñible para poder actuar o antes posible ante calquera incidencia, evitar perdas de auga e garantir a calidade da auga que chega ás casas de Boqueixón. En definitiva, trátase de avanzar cara unha mellor e máis eficiente xestión do ciclo integral da auga”, apunta Gonzalo Rendo.

As melloras incluíron a instalación de varios dispositivos na ETAP de Orto, como un medidor de redes e un caudalímetro para controlar a auga que se consume, un sistema de telecontrol para a súa xestión e sensores para medir o cloro, a turbidez e o PH da auga. Unhas sondas que tamén foron instaladas no depósito do Pico Sacro, onde se colocou tamén unha instalación fotovoltaica para reducir o consumo enerxético, tal e como puido comprobar hoxe mesmo a conselleira. Así mesmo, acometéronse melloras nas captacións de auga dos ríos Ulla e Pontillón, así como do manancial de Reboredo.

Plan de dixitalización

Duante unha visita ás actuacións acometidas en Boqueixón no marco do Plan de dixitalización da xestión do ciclo integral da auga, impulsado polo Goberno galego, a conselleira fixo fincapé en que esta iniciativa “beneficia a arredor de 150.000 galegos, que dispoñen dunha subministración de auga máis fiable e unha xestión máis eficaz deste recurso “esencial e cada vez máis valioso”.

Nese senso, Ángeles Vázquez explicou que a dixitalización permite vixiar a rede de abastecemento de forma continua -as 24 horas do día os 365 días do ano-, controlando en tempo real a calidade da auga, o consumo enerxético e o funcionamento dos equipos.

En concreto, o plan impulsado pola Xunta, a través de Augas de Galicia, permitiu instalar 239 estacións de monitorización instaladas en puntos estratéxicos do ciclo integral da auga, que xunto coa implantación de plataformas dixitais para a xestión de información, permiten procesar ata 4,8 millóns de datos ao mes e xestionar arredor de 160.000 rexistros diarios para mellorar o abastecemento de auga.

Nesa liña, a conselleira incidiu en que, fronte aos sistemas manuais de control, a monitorización dixital é automática e continua, o que resulta clave para anticiparse ás incidencias, optimizar recursos, reducir perdas na rede e mellorar a xestión, garantindo así un servizo máis eficiente e sostible.

Deste xeito, este proxecto contribúe “tanto a mellorar a calidade da auga nos fogares, xa que permite reaccionar con máis axilidade ante calquera risco no subministro, como a reducir cortes e avarías na rede”, sinalou Ángeles Vázquez, quen engadiu que, ademais, prepara os sistemas municipais para afrontar retos como o cambio climático ou episodios de seca.

Máis polo miúdo, un rexistro histórico de datos facilita crear modelos predictivos que axuden á toma de decisións máis acertadas sobre a xestión do recurso. Así mesmo, poderán preverse situacións de risco como picos de demanda estival ou períodos de seca, o que permitirá activar medidas preventivas con antelación.

Polo tanto, tal e como subliñou a conselleira, a través deste plan de dixitalización, a Xunta colabora cos concellos na adopción de ferramentas que permiten a xestión e operación en remoto e en tempo real dos sistemas de abastecemento da súa titularidade. E, ao mesmo tempo, Augas de Galicia conta cun sistema de información que lle permite recompilar, visualizar e compartir datos relativos ao funcionamento dos sistemas monitorizados, como medio de supervisión e control do uso da auga.

Para concluír, a representante autonómica lembrou que aínda que a maior parte dos sistemas de abastecemento están formados por infraestruturas de titularidade municipal e son os concellos os responsables da súa xestión e conservación, a Xunta colabora coas entidades locais para mellorar a calidade do servizo a través tanto da execución de obras como da prestación de apoio técnico e/ou económico.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025

2025 Concello de Boqueixón

@lmco 2025

981 513061 | Forte, s/n 15881Boqueixón

  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
Facebook-f
Concello de Boqueixón
Aviso legal
Utilizamos cookies para optimizar o noso sitio web e o noso servicio.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
0
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}