Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Xuventude (OMIX)

Os Concellos de Boqueixón e Vedra abren do 8 ao 22 de xuño o prazo para anotarse no “Descenso do Ulla”

4 de xuño de 2026

O sábado 27 de xuño pola mañá terá lugar unha nova edición do xa tradicional Descenso do Ulla, con saída en Ponteledesma (Boqueixón) e meta na área recreativa de Agronovo (Vedra). Un percorrido lúdico para desfrutar do ocio, da natureza e da beleza do río Ulla.

O número de prazas é limitado. As inscricións abriranse do 8 a o 22 de xuño a través deste FORMULARIO WEB DE INSCRICIÓN (que se abrirá o luns 8 de xuño).

O prezo é de 30 euros, que inclúe: 1 praza nun kaiac para dúas persoas, chaleco salvavidas e seguro.

Poden participar persoas adultas, así como rapazada maior de 13 anos, sempre que presente a correspondente autorización familiar.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo