Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e Vedra, Carlos Martínez, veñen de presentar a programación de Correntes do Ulla 2026, que arrincará este sábado 27 de xuño co tradicional Descenso do Ulla. Unha programación que inclúe seis actividades, entre elas un campo de voluntariado, dúas sesións de ioga e dúas rutas de sendeirismo. Información en inscricións nos Concellos de Boqueixón e Vedra.
O programa completo é o seguinte:
DESCENSO DO ULLA
- Data: 27 de xuño.
- Percorrido: Dende o Campo do río de Ponte Ledesma ata a Área de Recreo de Agronovo.
- Prezo: 30 euros (1 praza nun kaiac para dúas persoas, chaleco salvavidas e seguro).
- Inscricións: PREMENDO AQUÍ
IOGA NA BEIRA DO ULLA
- Data: 18 de xullo.
- Imparte: Xus Raíndo
- Lugar: Área de recreo de Sucira (Boqueixón).
- Horario: De 18:00 a 20:00 horas.
- Inscricións: Proximamente (Prazas limitadas)
CAMPO DE VOLUNTARIADO “MONTE SACRO”
- Datas: do 21 de xullo ao 1 de agosto
- Idades: de 18 a 30 anos.
- Temática: arqueoloxía e medio ambiente.
- Colabora: Dirección Xeral de Xuventude
- Prazas limitadas.
GOZA DO ULLA 2026 (RUTA VÍA DA PRATA – SAN XOÁN DA COVA)
- Data: 2 de agosto.
- Saída: Ás 10:00 horas na Capela do Santiaguiño, enlazando coa ruta de San Xoán da Cova ata a Área de Recreo de Cubelas.
- Distancia: 16 km aprox.
- Dificultade: media-baixa
- Inscricións: Proximamente (Prazas limitadas)
RUTA POLO PATRIMONIO OCULTO DE VEDRA BOQUEIXÓN (ARQUITECTURA DO VIÑO)
- Data: 8 de agosto
- Horario: de 10:30 a 13:30 h.
- Prazas limitadas
- Inclúe cata – degustación
IOGA NA BEIRA DO ULLA
- Data: 14 de agosto
- Imparte: Ana María García Liñares
- Lugar: Área de Recreo de Cubelas (Vedra)
- Horario: De 18:00 a 20:00 horas
- Inscricións: Proximamente (Prazas limitadas)
