Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Cultura

Visita guiada teatralizada: “A Ponte da Honra”

28 de xullo de 2026

O domingo 9 de agosto, ás 20:00 horas, no mesmo marco do campo do río da Ponte, levaráse a cabo a visita guiada teatralizada “A Ponte da Honra”, un percorrido polos episodios e historias máis senlleiras que rodean a Ponte Ledesma.

Esta actividade estará dirixida polo recoñecido guía e actor Suso Martínez, e contará coa participación especial de Daniel Lindh, a propia veciñanza do concello e o acompañamento musical de Muxicas da Silveira.

Para asistir á visita guiada teatralizada é imprescindible realizar inscrición previa enviando un correo electrónico ao departamento de Cultura: cultura@boqueixon.es

Compartir
WhatsApp Facebook Correo