As citas comezan este sábado coa “Noite Velada” e o día seguinte, o domingo, coa visita A “Ponte da Honra”
́, .- O campo do río de Ponte Ledesma (Boqueixón) será escenario esta semana de dúas singulares iniciativas culturais: a Noite Velada e a visita guiada teatralizada “A Ponte da Honra”
Así, o campo do río de Ponte Ledesma acollerá o sábado, 8 de agosto, a partir das 22 h. unha nova edición da “Noite Velada”. Esta iniciativa, organizada polo Concello de Boqueixón coa colaboración da Deputación da Coruña, busca aunar tradición, cultura e patrimonio nunha atmosfera única baixo a imaxe dunha ponte histórica que volverá alumearse coa luz das candeas e as teas.
A animación musical da velada correrá a cargo das agrupacións Raeira, Muxicas da Silveira e Son de Gaita. Ademáis, para comodidade das persoas asistentes, a área contará con postos de bebida durante toda a noite.
O mesmo escenario acollerá ao día seguinte, o domingo 9 de agosto, ás 20:00 horas, a visita guiada teatralizada “A Ponte da Honra”, un percorrido polos episodios e historias máis senlleiras que rodean a Ponte Ledesma.
Esta actividade estará dirixida polo recoñecido guía e actor Suso Martínez, e contará coa participación especial de Daniel Lindh, a propia veciñanza do concello e o acompañamento musical de Muxicas da Silveira.
Para asistir á visita guiada teatralizada é imprescindible realizar inscrición previa enviando un correo electrónico ao departamento de Cultura: cultura@boqueixon.es
- Categoría (s): Boqueixon, CULTURA
- Publicada o


