Abre o prazo para matricularse nos cursos de Inglés 2026-2027

O Concello de Boqueixón convoca unha nova edición dos seus cursos de inglés, que terán lugar de outubro a xuño no CPI Antonio Orza Couto. Están dirixidos a alumnado de Infantil, Primaria, Secundaria e mocidade a partir de 16 anos, grupos A2, B1 e B2.

O período de inscrición xeral, tanto para novo alumnado como para alumnado matriculado vai dende o día 10 ata o 31 de agosto

Con preferencia de matricula ás persoas que cursaran no ano 2025-2026.

Descarga aquí a Ficha de inscrición, cúbrea e mándaa ao email: omixboqueixon@gmail.com

Máis información: 981 513 115

Adxuntos

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025