O Concello de Boqueixón abre o novo curso deportivo cunha programación integral dirixida tanto á poboación adulta como á rapazada do municipio.
A oferta estenderase de setembro a xuño de 2027, achegando a práctica da actividade física a diferentes instalacións e parroquias locais.
Escolas deportivas municipais:
A convocatoria de matrícula para as escolas deportivas exténdose ata 0 21 de setembro e as actividades darán comezo a partir do mes de outubr As disciplinas e categorías ofertadas son as seguintes:
Patinaxe artística (impartida por Ágora Boqueixón no Pavillón de Lestedo):
-
Grupo I: martes e xoves de 17:00 h a 17:45 h (grupo de iniciación, nados/as entre 2010 e 2021).
-
Grupo II: martes e xoves de 17:45 h a 18:45 h (nados/as entre 2010 e 2021).
-
Grupo III: martes e xoves de 18:45 h a 19:45 h (nados/as entre 2010 e 2021 con proba de nivel superada).
Judo (impartido pola Escola Judo Club no Ximnasio Municipal do Forte):
-
Grupo I: luns (4º, 5º e 6º de primaria).
-
Grupo II: xoves (infantil, 1º, 2º e 3º de primaria).
Ximnasia rítmica (impartida polo Club Squadra no Ximnasio Municipal do Forte):
-
Grupo I: luns e mércores de 14:30 h a 15:30 h.
-
Grupo II: martes e xoves de 15:30 h a 16:30 h.
Fútbol (impartido pola Escola Deportiva Vedra-Boqueixón):
-
Grupo I (Xuvenil): nados/as en 2008, 2009 e 2010.
-
Grupo II (Cadete): nados/as en 2011 e 2012.
-
Grupo III (Infantil): nados/as en 2013 e 2014.
-
Grupo IV (Alevín): nados/as en 2015 e 2016.
-
Grupo V (Benxamín): nados/as en 2017 e 2018.
-
Grupo VI (Prebenxamín): nados/as en 2019 e 2020.
-
Grupo VII (Biberón): nados/as en 2021 e 2022.
Actividades físico-deportivas para persoas adultas
O programa para persoas adultas arrinca este mes de setembro cun rexistro previo de preto de 300 persoas inscritas, distribuíndo as súas sesións polas instalacións do Forte, Ledesma, Camporrapado e Lestedo.
O pilates volve ser a modalidade de maior demanda, contando con nove grupos xerais e tres específicos de pilates terapéutico. O cadro de actividades complétase coas seguintes disciplinas:
-
Pilates e Pilates Terapéutico: Diversas quendas de mañá e tarde, distribuídas en quendas de luns e mércores ou martes e xoves, nas instalacións do Forte e de Ledesma.
-
Zumba: Grupos repartidos entre Camporrapado, O Forte e Lestedo.
-
Ioga: Sesións programadas no Forte e en Camporrapado.
-
Otras modalidades no Forte: Step, ximnasia para maiores, bailoterapia, así como os programas intensivos de Circuit Training e Cross Funcional.
Procedemento de matrícula e información xeral
O prazo para formalizar a inscrición nas escolas deportivas infantís remata o 21 de setembro. As persoas interesadas en calquera dos programas deportivos municipais poden dirixirse ao Departamento de Deportes do Concello de Boqueixón a través dos seguintes medios para solicitar información sobre prazas vacantes, prezos ou inscribirse:
-
Correo electrónico: cultura@boqueixon.es
-
Teléfono de atención: 981 513 061
