Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

CIM

O Concello de Boqueixón abre as inscricións na VIII Xornada de sensibilización en violencia contra a muller

5 de novembro de 2026

A casa da cultura de Camporrapado acollerá a VIII Xornada de sensibilización en violencia contra a muller, que terá lugar o sábado 14 de novembro, a partir das 17:00 h. Organizada polo Centro de Información á Muller de Boqueixón, a entrada é de balde, previa inscrición neste formulario: https://forms.gle/MuXq1XPcC12KcEPk9

A xornada será presentada pola concelleira de Igualdade, Ángela Conde, que dará paso á charla “Sementes de cambio: erradicando a violencia sexual”, da man de María Angélica Mercado Torres, especialista universitaria en estudos de xénero e políticas de igualdade, quen será introducida por Cristina Carbajales, directora do CIM.

Ás 18:15 horas terá lugar un recital poético-musical a cargo da poeta Ana Valín e a cantautora María Carolina, que serán presentadas por Yolanda Neira, psicóloga do CIM de Boqueixón. A música correrá a cargo de Raiola, grupo de pandeireteiras da Asociación Manuel Gacio. O alcalde, Ovidio Rodeiro, será o encargado de clausurar a xornada.

Paralelamente haberá un stand literario no que Ana Valín asinará exemplares do seu libro “En las latitudes de un miedo políglota”. O acto está organizado polo CIM de Boqueixón, en colaboración coa Consellería de Política Social e Igualdade e o Ministerio de Igualdad, ao abeiro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo