Forte s/n
15581 BOQUEIXÓN (A Coruña)
Telfs: 981 513 061 – 981 513 052
Fax: 981 513 000
correo@boqueixon.es
XII concurso de Fotografía ' Boqueixón en Imaxes Paisaxes Festas Eventos '
Rematado o plazo de presentación de fotografías, o longo do sábado 22/11/2025 publicaremos nesta misma páxina as fotografías presentadas.
Bases XII Concurso de Fotografía Boqueixón en Imaxes
Primeira. Finalidade
O obxectivo deste concurso é o fomento da creación artística e a promoción e posta en valor da riqueza histórica, cultural, etnográfica e paisaxística do noso concello.
Segunda. Participantes
Poderán optar a este concurso calquera persoa que o solicite e cumpra o establecido nas presentes bases. No caso de participantes menores de 18 anos a solicitude deberá incluír a autorización do pai/nai ou titor.
Terceira. Características das fotografías
A temática versará sobre aspectos que reflicten a riqueza natural, histórica, cultural e etnográfica do noso concello a través de paisaxes, festas e eventos que teñan lugar dentro do termo municipal e resulten claramente identificables.
As fotografías propostas deberán ser orixinais e inéditas e presentarse en formato horizontal, cun tamaño de 2000×1500 píxeles e resolución mínima de 250 ppp, en branco e negro ou toda cor.
Non se admitirán montaxes, nin manipulacións que non sexan exclusivamente tratamentos da cor ou axustes relativos á calidade ou procesado da imaxe.
Cada participante poderá presentar ata un máximo de tres obras.
Cuarta. Premios
Entre as fotografías presentadas seleccionaranse doce, das cales se elixirán as tres gañadoras do concurso. Os premios entregaranse en forma de vale a empregar en calquera establecemento de Boqueixón:
- Primeiro premio: vale de 200 €
- Segundo premio: vale de 100 €
- Terceiro premio: vale de 50 €
As doce fotografías seleccionadas serán publicadas no calendario do 2027 que edita o Concello de Boqueixón.
Quinta. Inscricións e prazos
A inscrición será telemática en www.boqueixon.gal. Cada participante deberá cumprimentar e asinar o formulario de inscrición e enviar as fotografías en formato JPG nun arquivo que leve o nome do título da fotografía e o espazo ou evento de que se trate. O prazo de presentación dos traballos remata o 31 de outubro de 2026.
Todas as fotografías que tomen parte neste concurso serán susceptibles de ser empregadas na promoción turística do Concello de Boqueixón e pasarán a formar parte do seu arquivo fotográfico.
Sexta. Xurado, fallo e entrega de premios
Un xurado designado polo Concello de Boqueixón e vinculado co mundo da imaxe, da publicidade e da fotografía valorará de forma anónima as fotografías presentadas a concurso, en base aos criterios de calidade e complexidade técnica, composición, impacto visual, mensaxe transmitida, creatividade e orixinalidade.
O fallo do xurado farase público a través da web municipal e individualmente aos doce autores/-as seleccionados e aos tres premiados/as. Este fallo será inapelable.
Os/as autores/as premiados/as comprométense a estar presentes ou delegar a súa presenza, no acto de entrega de premios que se comunicará cunha antelación mínima de cinco días.
Sétima. Dereitos sobre as fotografías
O Concello de Boqueixón resérvase o dereito para reproducir en soportes informativos e promocionais propios e expoñer de maneira libre calquera das imaxes. En ningún caso se cederán os devanditos dereitos a terceiros, salvo autorización expresa do autor/a. A organización comprométese, pola súa banda, a indicar o nome do autor/a cada vez que a súa imaxe sexa reproducida.
Ao aceptar participar no concurso, os autores/as das fotografías garanten que son creadores e propietarios do traballo que presentan e que non renunciaron a ningún dereito moral ou legal sobre as súas fotografías e responsabilízanse totalmente de que non existan dereitos de terceiros nas obras presentadas, así como toda posible reclamación por dereitos de imaxe.
Oitava. Protección de datos
Os/as participantes neste concurso só prestan o seu consentimento para o uso dos seus datos persoais a efectos de coñecemento da súa participación e contacto, sen que se poida facer outro uso deles que o sinalado.
Novena. Aceptación das bases
A organización resérvase a facultade de resolver calquera continxencia non prevista nas bases. A concorrencia a este concurso implica a aceptación das mesmas.
No caso de menores de 18 anos, adxuntar autorización do pai, nai ou titor/titora .
Descarga o pdf adxunto facendo click no icono, imprímeo, éncheo e sácalle unha foto ou escanéao. Despois adxunta devandito formulario no seguinte botón:
"*" señala los campos obligatorios