Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Emerxencias Boqueixón

Simulacro de evacuacion da escola municipal infantil de Boqueixón

17 de novembro de 2011

webemerx

Este mañá tivo lugar na localidade de Lestedo un simulacro de evacuación da Escola Municipal Infantil desta localidade.

Esta operativo  de seguridade forma parte dos  plans de prevención de riscos de Emerxencias Boqueixón, o departamento que  encargo de coordinar e levar a cabo este actividade.

O operativo tivo como fin poñer en practica o plan de autoprotección do centro consistente en preparar ó persoal docente do mesmo,  para actuar en caso dunha emerxencia. Neste caso, o  suposto práctivo levado a cabo  supuxo a evacuación do centro a causa dun incendio simulado  nas instalacións da EMI  así como atención sanitaria e rescate a unha coidadora e a un dos alumnos da gardería.

Neste simulacro medíronse os tempos de resposta da evacuación, chegada dos equipos de emerxencia e rescate dos feridos, todo esto para que o persoal tanto da EIM como de Emerxencias Boqueixón estean familiarizados cos protocolos e os procedementos en case de que esta situación fose precisa.

O operativo prestado por Emerxencias Boqueixón estivo composto por dous vehículos, un vehículo de primeira saída para  a extinción do lume e a Pick Up con equipo de rescate e auxilio dos feridos e por 8 persoas.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo