PROGRAMA DE VACACIÓNS PARA MAIORES

Aberto o prazo de solicitudes de prazas para poder participar no

PROGRAMA DE VACACIÓNS  PARA MAIORES  EN

ZONAS TURÍSTICAS DA TEMPADA 2012/2013

Todas aquelas persoas que desexen viaxar  polo  IMSERSO, deberán pasar polo Departamento de Servizos Sociais, (vindo provistos de DNI)

e asinar a  correspondente solicitude.

PODERÁN SOLICITAR:

 – Maiores de 65 anos ou pensionistas de xubilación ou outros pensionistas do Sistema Público con 60 anos cumpridos.

 – Ser pensionista  de viudedade con idade igual ou superior aos 55 anos.

Admítense como acompañantes:

 – O cónxuxe

 – Tamén poderán  participar  os fillos  discapacitados que teñan unha  minusvalía mínima do  45% sempre  e cando a minusvalía lles permita viaxar e o fagan    acompañados dos  pais compartindo con eles habitación.

PRAZO PARA SOLICITAR :  Ata o 9  de  outubro de 2012  ( En lista de espera ata decembro )

SOLICITUDES E MÁIS INFORMACIÓN :  Servizo Social do Concello  Teléfono 981 51 31 06

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025