Ofertas de emprego 11 xaneiro

Información de bolsas

e prazas de traballo

BOLSAS DE PRÁCTICA LABORAL PARA TITULADOS UNIVERSITARIOS

DEPUTACION PROVINCIAL DE PONTEVEDRA – BOP DE PONTEVEDRA, 2 DE XANEIRO

Convocatorias de 74 bolsas de práctica laboral para titulados universitarios en centros e servizos dependentes da Deputación Provincial e 195 bolsas de práctica

laboral para titulados universitarios nos concellos da provincia de Pontevedra, dunha dotación económica de 800,00 €/mes por beneficiario.

Estas bolsas teñen o obxecto de práctica laboral destinadas a mozos titulados universitarios, sen experiencia laboral previa, coa finalidade de promover

e completar a súa formación en áreas de coñecemento ou actividades que poidan facilitar a súa incorporación ó mercado laboral.

Requisitos:

– Posuír o título de licenciado, graduado ou diplomado nas áreas de coñecementos relacionadas no anexo para cada unha das bolsas convocadas na

data en que remate o prazo de presentación de instancias.

– Non ter cumpridos os 31 anos na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.

– Non estar incapacitado físicamente nin padecer enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade obxecto da bolsa; non ter sido

beneficiario dunha bolsa remunerada na Deputación de Pontevedra nin en calquera dos entes, organismos ou entidades do sector público;

non ter experiencia laboral previa na profesión ou área de coñecementos, entendendo por tal non haber estado contratado polo grupo 1 ou 2 de cotización.

– Acreditar o coñecemento da lingua galega, nivel Celga IV.

– Estar disposto a asumir os gastos de desprazamento ó centro de traballo de destino.

O proceso de selección desenvolverase en dúas fases:

1ª Concurso e valoración da documentación presentada polos aspirantes admitidos. 2ª Entrevista persoal cos candidatos que superen o corte

establecido na primeira fase.

Prazo para presentación das instancias: 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta convocatoria no BOP.

Enlace:

BECAS DEL INSTITUTO CERVANTES

MINISTERIO DE ASUNTOS EXTERIORES Y COOPERACIÓN – BOE, 4 DE XANEIRO

Resolución de 21 de diciembre de 2012, del Instituto Cervantes, por la que se convocan 34 becas de formación e especialización, para o período 2013/2014,

cunha duración de doce meses naturais, podendo prorrogarse, hata un máximo de outros doce meses.

A finalidade é formar especialistas na promoción da ensinanza, o estudo, o uso da lingua e da cultura española e hispanoamericana no exterior, a

adquisición de coñecementos prácticos en sistemas de información, de xestión, de difusión e xestión cultural e a ampliación da ensinanza, o uso e coñecemento do español.

Requisitos: Poseer la titulación universitaria de segundo ciclo ou grao, según o anexo.

Prazo de presentación de solicitudes: 10 días naturais contados a partir do día seguinte á publicación no BOE e na dirección de Internet: http://www.cervantes.es

AREAS DEL INSTITUTO. NÚMERO BECAS

AREAS DE FORMACIÓN Y ESPECIALIZACIÓN

2 Departamento de Contabilidade e Tesorería
1 Departamento de Patrimonio y Asuntos Xerais
1 Oficina Presupuestaria
1 Departamento de Informática (Sistemas e Comunicacións)

Vicesecretaria Técnica

1 Arquivo
1 Hispanismo
1 Departamento de Ordenación Área Académica Académica
2 Departamento de Formación de Profesores
1 Departamento de Gestión de Personal
1 Departamento de Relaciones Colectivas

Área de Recursos Humans

1 Departamento de Selección e Inspección
1 Documentación e Xestión de Materiais Culturais

Área de Cultura 3 Xestión Cultural Multidisciplinar

1 Aplicacións Informáticas e Administración
1 Protocolo

Gabinete de Dirección

1 Relacións Públicas
2 Xestión Comercial e Marketing
1 Desenrolo de Control Económico
1 Patrocinio
1 Edición Web
1 Contenidos Web
1 Producción Audiovisual
2 Deseño Gráfico
1 Edición e Tecnologías Web

Área de Comunicación e Promoción

2 Arquivo e Documentación Dixital

Asesoría Xurídica

2 Departamento de Convenios e Relacións Internacionais

Enlace:

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025