
O bo tempo permite que os cursos de natación na piscina municipal de Boqueixón continúen a bo ritmo.
Os máis de 60 nenos e nenas gozan de exercicios e xogos para a mellora da súa autonomía e destrezas no medio acuático.
Todas as mañás a partir das doce, os diferentes grupos divididos por niveis comezan as asúas clases con moito entusiasmo.






