
O Vente Vindo, campión dunha nova edición do Torneo Interparroquial.
Outro ano máis, e xa van máis de vinte, a veciñanza de Boqueixón dedica o día de Nadal a participar nunha competicón xa clásica dentro da programación deportiva local.
Nesta edición máis de 70 participantes conviviron nunha xornada de deporte festivo e con ese punto competitivo que fai do Interparroquial unha xuntaza cun ambiente único.
Unha disputada final entre Vente Vindo e Bodulce puxo o peche a un torneo que, como todos os anos, rematou coa entrega de trofeos e un agasallo para os participantes.




