A Biblioteca de Boqueixón, dentro da programación de animación á lectura “Ler conta moito”, desenvolverá un espectáculo de contacontos para os/as rapaces/as de 4 a 12 anos o vindeiro venres día 21 ás 10:30h.
Historias cheas de maxia e emocións narradas co apoio de monicreques, bonecos, sons e cancións.

