Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Formación e emprego

Boqueixón convoca un curso gratuíto de creación de cooperativas

22 de agosto de 2018

O Concello de Boqueixón convoca un curso gratuíto de creación de cooperativas, de 25 horas de duración, e que terá lugar nunhas datas por determinar do próximo mes de setembro. Dirixido tanto a persoas ocupadas como desempregadas, o curso-taller terá lugar na Casa do Concello en horario de tarde. As persoas interesadas en participar deberán anotarse antes do 5 de setembro no Departamento de Emprego de Boqueixón: emprego@boqueixon.gal ou no 981 513 061.

O curso busca que o alumnado adquira unha visión xeral do proceso de creación dunha cooperativa, de xeito que rematen cunha idea clara do camiño preciso entre a xeración dunha idea emprendedora e o inicio da actividade. O Concello de Boqueixón convoca 20 prazas, sendo preciso un mínimo de 10 participantes para a realización do curso.

 

Compartir
WhatsApp Facebook Correo