Ir al contenido

Concello de Boqueixón

Main Menu
  • O CONCELLO
    • ALCALDÍA
    • ÁREAS MUNICIPAIS
    • XUNTA DE GOBERNO
    • ACTAS XUNTA DE GOBERNO
    • DECRETOS
    • ORDENANZAS
    • O PLENO – CORPORACIÓN
    • O PLENO – ACTAS
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • ARQUIVO
    • BIBLIOTECA
    • CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER (CIM)
    • CULTURA
    • DEPORTES
    • FORMACIÓN, EMPREGO E TURISMO
    • OBRAS E SERVIZOS
    • SERVIZOS XERAIS
    • SERVIZOS SOCIAIS
    • URBANISMO
    • XUVENTUDE (OMIX)
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • DESCRICIÓN XEOGRÁFICA
    • DIRECTORIO
    • ESTADÍSTICAS
    • FESTIVIDADES
    • HISTORIA
    • RUEIRO DE LESTEDO
    • PARROQUIAS
    • PERSOEIROS
    • TOPONIMIA
  • TURISMO
    • ALOXAMENTO
    • AREAS NATURAIS E RUTAS
    • FESTAS E FEIRAS
    • FOLLETO TURÍSTICO
    • GALERÍAS
    • GASTRONOMÍA
    • O PICO SACRO
  • BUSCAR
  • CORREO
  • CONTACTA CON NOS
Main Menu
  • O CONCELLO
    • GOBERNO
      • Actas Xunta de Goberno
      • Alcaldía
      • Áreas Municipais
      • Decretos
      • Ordenanzas
      • Xunta de Goberno
    • O PLENO
      • Actas
      • Corporación
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • Servizos Xerais
    • Obras e Servizos
    • Urbanismo
    • Deportes
    • Xuventude (OMIX)
    • Formación, Emprego e Turismo
    • Cultura
    • Servizos Sociais
    • Centro de Información á Muller (CIM)
    • Biblioteca
    • Arquivo
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • Estadísticas
    • Descrición Xeográfica
    • Directorio
    • Festividades
    • Historia
    • Parroquias
    • Persoeiros
    • Rueiro de Lestedo
    • Toponimia
  • TURISMO
    • Aloxamento
    • Áreas Naturais e Rutas
    • Festas e Feiras
    • Folleto Turístico
    • Galerías
    • Gastronomía
    • O Pico Sacro
  • SEDE ELECTRÓNICA
  • TABOLEIRO DE ANUNCIOS
  • PORTAL DA TRANSPARENCIA

Concello de Boqueixón

Contacta con nós
Correo concello
  • Categoría (s): Boqueixon, CULTURA
  • Publicada o 8 marzo 2019

Máis de 130 persoas ultiman os preparativos para a celebración da XXXVI Festa da Filloa de Lestedo

Máis de 130 persoas traballan estes días arreo para ultimar todos os preparativos para a celebración da XXXVI Festa da Filloa de Lestedo, declarada de Interese Turístico de Galicia. O Concello de Boqueixón, a Asociación da Filloa e veciñanza da parroquia boqueixanesa vólcanse na organización da cita, que terá lugar este domingo 10 de marzo.

A organización agarda acoller durante a xornada arredor de 20.000 visitantes. A celebración combinará a proposta gastronómica coa tradición do Entroido dos xenerais da Ulla, tamén declarado de Interese Turístico de Galicia.

A media mañá, no campo da festa poderanse xa degustar as Filloas de Lestedo, soas ou tamén con acompañamentos como chourizos, panceta, rixóns e, para quen opte polo doce, con mel, nata ou crema. A máquina filloeira traballará ao máximo para ofrecer ata 1.600 filloas por hora para cubrir a amplia demanda que deste produto hai ao longo da xornada festiva.

Tamén sobre as 12.00 horas, a XXXVI Festa da Filloa de Lestedo celebrará a tradicional Parranda de Entroido no Campo da Feira. Media hora despois prevese, e se as condicións meteorolóxicas o permiten, o IV Gran Desfile de Xenerais da Ulla, no que participarán varias ducias de xenerais, correos e soldados ataviados con traxes da época procedentes de distintos municipios da bisbarra compostelá. O seu percorrido comezará no Hotel Vía da Prata e rematará no recinto da festa.

Xa ás 13.30 horas, terá lugar o pregón da Festa da Filloa de Lestedo, que correrá a cargo do xornalista de Onda Cero Santiago, Ramón Castro. O alcalde do Concello de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, presidirá este acto, que presentará, como en anteriores ocasións, a actriz María Mera.

A continuación, realizarase a imposición dos Mandís de Honra tanto ao pregoeiro como a outros persoeiros que contribúen á difusión e posta en valor da Festa e imporase a condecoración especial a un ou a unha xeneral ou xenerala da parroquia de Lestedo. Aproveitando este intre, amosarase o novo traxe de xenerala da Ulla, creado pola deseñadora Carmen Pichel.

Ás 17.30 horas será a quenda dos Xenerais da Ulla, que protagonizarán o seu tradicional atranque no campo da festa. Está confirmada a presenza de oito xenerais, que demostrarán o bo humor e a sorna deste entroido tradicional mediante estrofas rimadas que nunca deixan de lado a política, o deporte e calquera tema da actualidade xeral e local.

Actuacións musicais

A música estará presente durante toda a xornada festiva da man dos grupos e charangas Ardora, Raeira, Raiola, Luz do Ilicino e O Recobío. O broche de ouro porano as orquestras Finisterre e París de Noia, que comezarán os seus pases musicais a partires das 18.30 horas e que durarán ata medianoite.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025

2025 Concello de Boqueixón

@lmco 2025

981 513061 | Forte, s/n 15881Boqueixón

  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
Facebook-f
Concello de Boqueixón
Aviso legal
Utilizamos cookies para optimizar o noso sitio web e o noso servicio.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
0
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}