O Concello de Boqueixón informa sobre a cancelación da Andaina das Letras. A actividade, que se prevía desenvolver mañá, ten que ser suspendida por mor das adversas condicións meteorolóxicas e que impiden a súa celebración.
Dende a organización piden desculpas polas molestias que poida causar esta situación.