Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Formación e emprego

Bases para a provisión en réximen laboral temporal da contratación de 2 brigadas de prevención, vixilancia e defensa contra os incendios forestais (2019)

9 de xullo de 2019

O Concello de Boqueixón vén de publicar as bases para a provisión en réximen laboral temporal da contratación de 2 brigadas de prevención, vixilancia e defensa contra os incendios forestais (2019). A contratación será por un prazo de 3 meses.

Cada brigada contará cun equipo de 5 persoas. Deste xeito, seleccionaranse candidaturas para cubrir as seguintes prazas:

  • 2 postos de xefe de brigada
  • 2 postos de peón de brigada condutor que teña o carné de conducir B
  • 6 postos de peóns de brigada

As bases completas pódense consultar no arquivo adxunto ou premendo aquí.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo